Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Mércores, 23 de xaneiro de 2019 Páx. 4331

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 634/2018).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 634/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Teresa Lijo Vidal contra a empresa María del Pilar Blanco Martínez, sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Resolución.

Estimo a demanda sobre despedimento formulada pola parte demandante fronte a María del Pilar Blanco Martínez e, en consecuencia:

1. Declaro a improcedencia do despedimento da parte demandante efectuado o 7 de agosto de 2018, con condena á empresa demandada a readmitir inmediatamente a traballadora nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, ou ben, á súa elección, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución. Todo iso con aboamento, no caso de opción pola readmisión, se é o caso, dos salarios de tramitación que non percibise ata a data da notificación da presente sentenza.

A dita opción deberá exercerse en cinco días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o dito prazo sen que se optase, entenderase que procede a readmisión.

2. A indemnización e os salarios de tramitación que debe aboar a empresa demandada son os seguintes:

– En concepto de indemnización, e de optar a empresa por ela, 309,61 euros.

– En concepto de salarios de trámite para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación da presente sentenza, calculados a razón de 37,53 euros/día.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, bastando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e firma, Elena Calleja Curros, maxistrada xuíza de reforzo deste xulgado».

E para que sirva de notificación en legal forma a María del Pilar Blanco Martínez, en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza