Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Xoves, 24 de xaneiro de 2019 Páx. 4443

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2019, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se fai público o esgotamento de crédito orzamentario da Orde do 27 de marzo de 2018, pola que se establecen as bases reguladoras dun programa a prol da contratación e formación das persoas mozas e se procede á súa convocatoria para o ano 2018.

A Orde do 27 de marzo de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras dun programa a prol da contratación e formación das persoas mozas e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (Diario Oficial de Galicia número 72, do 13 de abril), establece no seu artigo 4, que a concesión das axudas previstas para o ano 2018 nesta orde estará suxeita á existencia do crédito orzamentario e que e, de ser o caso, segundo o disposto no artigo 31.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, publicarase mediante resolución da persoa titular da secretaría xeral competente da xestión do programa o esgotamento das partidas orzamentarias asignadas.

Unha vez resoltas as solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 27 de marzo de 2018, seguindo a súa orde de entrada, constátase que se esgotou o orzamento dispoñible para a concesión das axudas.

A última solicitude resolta favorablemente ao abeiro da aplicación orzamentaria 09.40.322C.470.3, código de proxecto 2016 00308, cunha contía de 1.888.000 euros foi o expediente TR349T 2018/389-0 presentado o día 7 de xuño de 2018 na sede electrónica.

En virtude do anterior, a persoa titular da Secretaría Xeral de Emprego, por delegación do conselleiro de Economía, Emprego e Industria

RESOLVE:

Dar a conocer o esgotamento do crédito dispoñible para as axudas convocadas pola Orde do 27 de marzo de 2018, pola que se establecen as bases reguladoras dun programa a prol da contratación e formación das persoas mozas e se procede á súa convocatoria para o ano 2018, con data do 7 de xuño de 2018 ás 20.05 horas.

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2019

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego