A Orde do 7 de decembro de 2018 pola que se procede á terceira convocatoria das subvencións para o financiamento das accións formativas con compromiso de contratación en unidades formativas das empresas (código de procedemento TR301P) e á segunda convocatoria dos incentivos á contratación vinculados (código de procedemento TR349X), determina no seu artigo 5 que «o prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que se contará desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia».
Atendendo a que segundo a disposición derradeira segunda da devandita orde determina que «esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia», o prazo de presentación de instancias remataría o vindeiro 28 de xaneiro de 2019.
Consonte o artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. «A Administración, salvo precepto en contrario, poderá conceder de oficio ou por petición dos interesados unha ampliación dos prazos establecidos, que non exceda a metade destes, se as circunstancias o aconsellan e con isto non se prexudican dereitos de terceiro».
Para favorecer a máxima presentación de solicitudes, o que redunda no obxectivo básico da convocatoria de subministrar formación ao maior número posible de desempregados, posibilitando unha mellor e maior execución das accións formativas financiadas con cargo a esta convocatoria, é necesario proceder a ampliación do prazo correspondente ata o 11 de febreiro de 2019.
Por todo o exposto e no uso das facultades que me foron concedidas,
DISPOÑO:
Artigo único. Ampliación do prazo do artigo 5 da Orde do 7 de decembro de 2018
O prazo que sinala o artigo 5 da Orde do 7 de decembro de 2018 pola que se procede á terceira convocatoria das subvencións para o financiamento das accións formativas con compromiso de contratación en unidades formativas das empresas (código de procedemento TR301P) e á segunda convocatoria dos incentivos á contratación vinculados (código de procedemento TR349X), queda ampliado ata o vindeiro 11 de febreiro de 2019.
Disposición derradeira única. Entrada en vigor
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2019
Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria