Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Xoves, 24 de xaneiro de 2019 Páx. 4606

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 14 de decembro de 2018 pola que se notifica o emprazamento para o trámite de audiencia (expediente COR/73/2017-R2).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase o emprazamento para o trámite de audiencia (artigo 118 da Lei 39/2015), no expediente COR/73/2017-RP1 en relación ao recurso potestativo de reposición interposto por Jennifer María Rodríguez Portela contra a Resolución do 11 de setembro de 2018, do director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística.

Ao non poderse realizar a notificación persoal a María Dolores Portela Varela, mediante esta cédula e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase aos interesados o emprazamento para o trámite de audiencia por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado e a súa data de publicación é a que determina a eficacia do acto notificado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícase aos interesados que o expediente de reposición da legalidade urbanística atópase ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcurrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

A persoa interesada disporá dun prazo de dez (10) días hábiles, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, para que alegue o que considere procedente.

Para que conste e lle sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2018

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística