Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Venres, 25 de xaneiro de 2019 Páx. 4960

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de decreto (ETX 60/2018).

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Vanesa Miguens Miguens contra Manuel Fajardo Piñeiro, acordouse notificar a parte dispositiva de Decreto do 27 de novembro de 2018 ditado no procedemento ETX 60/2018 a Manuel Fajardo Piñeiro, en ignorado paradoiro:

«Parte dispositiva.

Acordo:

a) Declarar o executado Manuel Fajardo Piñeiro en situación de insolvencia parcial por importe de 25.182,35 euros de principal, máis 6.614,85 euros en concepto de salarios, máis 2.548,69 de xuros e custas provisorias sen prexuízo de posterior liquidación.

b) Arquivar as actuacións, logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se en diante se coñeceren novos bens do executado.

c) Que se procede á inscrición no rexistro correspondente.

Notifíquese ás partes facéndolles saber que en aplicación do mandado contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se for o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas en canto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou semellantes, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpor ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste xulgado do social número 3 aberta en Banco Santander, conta nº 5076 0000 64 0060 18. Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria, deberase ingresar na conta número 000493569920005001274, e no campo “concepto” deberá indicar o número de conta 5076 0000 64 0060 18. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A letrada da Administración de xustiza».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Manuel Fajardo Piñeiro, expídese este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza