Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Venres, 25 de xaneiro de 2019 Páx. 4962

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (PO 413/2017).

PO procedemento ordinario 413/2017

Procedemento orixe: /

Sobre ordinario

Demandantes: María Manuela Picallos López

Avogada: María Milagros Verde Crespo

Demandados: Fogasa, Limpintegra XXI, S.L.

Avogado: letrado do Fogasa,

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 413/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Manuela Picallos López contra Limpintegra XXI, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, foi ditada a seguinte resolución:

«Sentenza

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2018.

Elena Calleja Curros, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3, tendo visto o presente procedemento ordinario 0000413/2017 por instancia de María Manuela Picallos López, contra Limpintegra XXI, S.L. e o Fogasa, en nome do Rei, pronunciou a seguinte sentenza:

Decido

Estimar integramente a demanda interposta pola parte demandante contra a empresa demandada e condenar a demandada ao aboamento de 1.435,61 euros máis os xuros de demora do art. 29.3 ET.

Notifíquese a presente resolución ás partes coa indicación de que contra ela non cabe recurso.

Así o acorda, manda e asina Elena Calleja Curros, maxistrada de reforzo deste xulgado».

E para que sirva de notificación en legal forma a Limpintegra XXI, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza