Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Venres, 25 de xaneiro de 2019 Páx. 4964

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de auto e decreto (ETX 236/2018).

ETX execución de títulos xudiciais 236/2018

Procedemento orixe: despedimento obxectivo individual 715/2017

Sobre despedimento

Demandante: Juan Evaristo Rodríguez Enjamio

Avogada: María Laura López Nieto

Demandados: Fogasa, Aparcamientos Labacolla, S.L.

Avogado: letrado do Fogasa

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 236/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Evaristo Rodríguez Enjamio, contra a empresa Aparcamientos Labacolla, S.L., sobre reclamación de cantidade, foi ditado auto no 27 de decembro de 2018 e decreto no 28 de decembro de 2018, coas partes dispositivas literais seguintes:

Parte dispositiva do auto:

«Parte dispositiva.

Declaro extinguida na data da presente resolución a relación laboral que unía Juan Evaristo Rodríguez Enjamio con Aparcamientos Labacolla, S.L., e condeno a executada a aboar a Juan Evaristo Rodríguez Enjamio a cantidade de 19.683,15 euros en concepto de indemnización pola extinción da relación laboral, a suma de 17.841,6 euros en concepto de salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a presente resolución, así como a cantidade de 1.311,61 euros como cantidades a deber en concepto de cantidades a deber, do que resulta un total de 38.836,36 euros, en concepto de principal, máis 3.883,63 euros que provisoriamente se orzan en concepto de xuros, gastos e custas.

Notifíquese ás partes e ao Fogasa a presente resolución facéndolles saber que contra ela poden interpor recurso de reposición no prazo de tres días contados desde o seguinte ao da notificación.

Así o acorda, manda e asina».

E a parte dispositiva do decreto:

«Parte dispositiva.

Para dar efectividade ás medidas concretas, acordo:

Dar traslado a Juan Evaristo Rodríguez Enjamio e ao Fondo de Garantía Salarial a fin de que no prazo de quince días poida designar a existencia de novos bens titularidade da executada e, en caso contrario, declararase a súa insolvencia.

Notifíquese ás partes facéndolles saber que en aplicación do mandado contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se for o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles tentadas sen efecto serán válidas en canto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou semellantes, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpor ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3 aberta no Banco Santander, conta nº 5076 0000 64 0236 18. Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria, deberase ingresar na conta número 000493569920005001274, e no campo “concepto” deberase indicar o número de conta 5076 0000 64 0236 18. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberase especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada co formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A letrada da Administración de xustiza».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de notificación a Aparcamientos Labacolla, S.L., expido este edicto.

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza