Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Venres, 25 de xaneiro de 2019 Páx. 4967

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (SSS 807/2015).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento Seguridade Social 807/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Esther Gómez Recarey contra Eurográficas Pichel, Servizo Público de Emprego Estatal, INSS sobre Seguridade Social, se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2018

Vistos por Sandra María Iglesias Barral, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela e o seu partido, os presentes autos de xuízo nº 807/2015 seguidos por instancia de María Esther Gómez Recarey, asistido polo letrado Sr. Pérez López, contra o SPEE (Servizo Público de Emprego Estatal) asistido e representado polo letrado Sr. Amado Domínguez, contra o INSS (Instituto Nacional de Seguridade Social) asistido e representado polo letrado Sr. González Quintas, e contra Eurográficas Pichel, S.L., que non comparece a pesar de ser citada na debida forma, con base nos seguintes

Decido

Estímase substancialmente a demanda interposta por María Esther Gómez Recarey e, en consecuencia, declárase o dereito da demandante á percepción do subsidio de desemprego en contía mensual de 426 euros con efectos de 28.2.2015, con condena do SPEE a estar e pasar por tal declaración e ao aboamento, sen prexuízo do seu dereito de subrogación fronte á empresa, con absolución do resto de codemandados.

Notifíquese ás partes a presente resolución.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución abondando a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Inserir nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Eurográficas Pichel, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza