Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Venres, 25 de xaneiro de 2019 Páx. 4969

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 260/2018).

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

Procedemento ordinario 260/2018

Procedemento orixe: sobre ordinario

Demandante: Manuel Martínez Lopo

Avogada: María Amparo Isabel Rey Salorio

Demandados: Fogasa, José Luis Barral Varela, Cars Saved, S.L, Vanessa Carril Lopo

Avogado: letrado de Fogasa

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de justicia do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela , fago saber que no procedemento ordinario 260/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Martínez Lopo contra a empresa Cars Saved A Coruña e o Fogasa, sobre ordinario, acordouse citar a empresa Cars Saved A Coruña co fin de que compareza na sala de vistas deste xulgado do social número 3, situado en rúa Berlín, s/n, polígono das Fontiñas, 15707, o día 26.2.2019 ás 11.15 horas para a celebración dos actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo, podendo comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e que deberá acudir con todos os medios de proba de que tente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os devanditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Fáiselle saber que ten á súa disposición na oficina xudicial a cédula de citación, copia da demanda e decreto de admisión da mesma e demais resolucións e documentos obrantes no procedemento.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

No caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistida de avogado ou representada tecnicamente por graduado social colexiado, ou representada por procurador, poñerá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, con obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación en legal forma á empresa Cars Saved A Coruña, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 4 de xaneiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza