Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Venres, 25 de xaneiro de 2019 Páx. 4951

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Redondela

EDICTO (74/2018).

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:

«Auto 74/2018.

Redondela, 5 de outubro de 2018.

Parte dispositiva.

En atención ao exposto nos anteriores fundamentos, procede estimar a solicitude formulada, e en consecuencia:

Acordar o recoñecemento de eficacia en España, e declarar, en consecuencia, á forza executiva da sentenza de disolución por divorcio do matrimonio contraído no seu día entre Rubén Pita Iglesias e Ana Isabel González Veiga, ditada o día 23 de abril de 1998 polo Tribunal do Distrito de Untertoggenburg, Suíza.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que non é firme e que contra ela cabe recurso de apelación, o cal deberá interpoñerse ante este xulgado no prazo de vinte días contados desde a súa notificación, nos termos establecidos pola Lei de axuizamento civil, con cumprimento, de ser o caso, dos requisitos relativos á taxa aplicable que procedese aboar de conformidade coa lexislación vixente.

Así mesmo, de conformidade coas previsións da disposición adicional décimo quinta da LO 6/1985, do poder xudicial, introducida pola LO 1/2009, a interposición dun eventual recurso de apelación exixirá, como presuposto previo a ela, que o recorrente consigne xudicialmente un depósito de 50 euros.

Líbrese oficio ao Rexistro Civil no que consta inscrito o matrimonio das partes, a efectos de practicar as anotacións correspondentes.

Así o acorda e asina Miguel Seijo Espiño, maxistrado titular deste xulgado.

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Ana Isabel González Veiga, expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Redondela, 20 de decembro de 2018