Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Venres, 25 de xaneiro de 2019 Páx. 4949

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (modificación de medidas 15/2017).

Cédula de notificación de sentenza

No procedemento de referencia ditouse sentenza cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«Sentencia nº 392

Vigo, dezanove de novembro de dous mil dezaoito.

Vistos por min, María Dolores Rodríguez Leirós, jueza substituta do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo e o seu partido, a presente demanda de modificación de medidas, rexistrada co número 15/2017, interposta polo procurador dos tribunales Pedro Lanero Taboas, en nome e representación de Apolinar Nemesio Abelenda Varela, coa asistencia letrada de Marta Pérez Castiñeira Sánchez contra Gladys dos Santos Gómez, en rebeldía procesual e sen a intervención do Ministerio Fiscal, declárase,

Seguen antecedentes de feito e razoamentos xurídicos

Decido

Que estimando integramente a demanda de modificación das medidas definitivas presentada polo procurador Sr. Lanero Taboas, en nome e representación de Apolinar Nemesio Abelenda Varela contra Gladys dos Santos Gómez, en rebeldía procesual, declaro extinguida desde a data da presentación da demanda (o 2 de xaneiro de 2017) a pensión de alimentos que Apolinar Nemesio Abelenda Varela debe aboar a favor das súas dúas fillas establecida na Sentenza nº 465 de data 10 de xullo de 2007 ditada no procedemento de divorcio contencioso tramitado ante este xulgado co número 378/2007.

Sen imposición das custas a ningunha das partes.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta cabe interpoñer recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Pontevedra no prazo de vinte días contado desde o seguinte ao da notificación da sentenza.

Así o acorda, manda e asina, María Dolores Rodríguez Leirós, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo e o seu partido».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Gladys dos Santos Gómez, esténdese a presente para que sirva de cédula de notificación.

Vigo, 4 de xaneiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza