Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Venres, 25 de xaneiro de 2019 Páx. 4947

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 2589/2018-MBL).

Tipo e número de recurso: RSU. Recurso de suplicación 2589/2018-MBL

Xulgado de orixe/autos: despedimento/cesamentos en xeral 246/2017. Xulgado do Social número 2 da Coruña

Recorrente: María Dolores Orro López

Avogado: Ricardo López Mosteiro

Recorridos: Ariana Nieves Fernández Palomo, La Piel 10, S.L.

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2589/2018 desta sección, seguido por instancia de María Dolores Orro López contra Ariana Nieves Fernández Palomo e La Piel 10, S.L., sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

«Desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación letrada de María Dolores Orro López contra o Auto do Xulgado do Social número 2 da Coruña, do 20 de outubro de 2017, que desestima o recurso de revisión contra o Decreto do 18 de setembro de 2017, confirmámolo.

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza.

Modo de impugnación. Fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes ao da data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza».

Para que sirva de notificación en legal forma a Ariana Nieves Fernández Palomo e a La Piel 10, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselles ás destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 3 de xaneiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza