Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Luns, 28 de xaneiro de 2019 Páx. 5328

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

EXTRACTO da Resolución do 20 de decembro de 2018 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, a establecementos hoteleiros para a adquisición de materiais para a reforma dos establecementos (Reforma-Tur 19), así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á súa convocatoria.

BDNS (Identif.): 434604.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (BDNS)
(http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Beneficiarios

Poderán ser beneficiarios destas axudas os titulares de:

a) Establecementos hoteleiros cun máximo de 40 prazas, definidos no capítulo II, artigo 4 (concepto de hoteis), artigo 6 (concepto de hoteis balneario) e artigo 7 (hotel talaso) do Decreto 57/2016, do 12 de maio, situados na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Os establecementos de Turismo Rural segundo o Decreto 191/2004, do 29 de xullo, situados no Camiño de Santiago.

c) Os albergues privados situados no Camiño de Santiago.

Que estean autorizados ou clasificados conforme estableza a normativa turística no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (REAT), cunha antigüidade no exercicio da actividade no establecemento para o que se solicita a subvención non inferior a cinco anos na data de publicación da convocatoria de axuda e que adquiran os bens subvencionables descritos no artigo 3.1.d) das bases reguladoras nunha entidade colaboradora adherida ao Programa Reforma-Tur 19 e os instalen no seu establecemento no prazo indicado no devandito artigo 3.

Segundo. Obxecto

As axudas concédense en réxime de concorrencia non competitiva e teñen por obxecto incentivar a adquisición de materiais para a reforma de establecementos hoteleiros en Galicia, co fin de incrementar e incentivar a compra e tratar de repercutir con ela nos sectores industriais, comerciais e turísticos galegos.

O Igape publicará na súa páxina web www.igape.es/reformatur a relación actualizada en todo momento dos establecementos de venda adheridos ao programa.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 20 de decembro de 2018 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, a establecementos hoteleiros para a adquisición de materiais para a reforma dos establecementos (Reforma-Tur 19), así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á súa convocatoria.

Cuarto. Importe

Os créditos dispoñibles para concesións nesta convocatoria aboaranse con cargo á aplicación orzamentaria 09.A1-741A-7706 e por un importe de 3.000.000,00 de euros con cargo ao exercicio 2019.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará ao mes desde o día seguinte á publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 30.4.2019, agás que se produza o suposto de esgotamento de crédito.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2018

Pablo Casal Espido
Secretario xeral do Instituto Galego de Promoción Económica