Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Martes, 29 de xaneiro de 2019 Páx. 5572

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (PO 508/2016).

Xulgado do Social número 4 de reforzo da Coruña

PO Procedemento ordinario 508/2016

Procedemento orixe: PO /2016

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 508/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Antonio Pereiro Bellón contra Panadería Xandías, S.L. e Fogasa sobre ordinario, se ditou sentenza, con data do 4 de xaneiro de 2019, cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Lara Munín Sánchez, xuíza substituta do Xulgado do Social número 4 de reforzo da Coruña, tras ver os presentes autos sobre cantidades, por instancia de José Antonio Pereiro Bellón, que comparece representado polo letrado Sr. Pousa Meréns, contra a empresa Panadería Xandías, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, que non comparecen, ditou a seguinte

Parte dispositiva.

Que, estimando a demanda interposta por José Antonio Pereiro Bellón contra a empresa Panadería Xandías, S.L., condénoa a que lle aboe a cantidade de catro mil oitocentos trinta e oito euros e cincuenta e seis céntimos (4.838,56 €), incluído xa o xuro por mora do 10 %.

Así mesmo, absolvo o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que non é firme e fronte a ela cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito presentado na oficina xudicial dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación».

E para que sirva de notificación en legal forma a Panadería Xandías, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 4 de xaneiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza