Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Martes, 29 de xaneiro de 2019 Páx. 5570

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais de enfermeiro/a especialista en enfermaría pediátrica do Sistema público de saúde de Galicia.

Mediante a Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde do 3 de novembro de 2017 (Diario Oficial de Galicia núm. 217, do 15 de novembro), abriuse o prazo para a inscrición de aspirantes nas listas para vinculacións temporais no ámbito do Sistema público de saúde de Galicia na categoría de enfermeiro/a especialista, especialidade en Enfermaría Pediátrica.

Na devandita resolución prevese unha xeración de listas coas persoas inscritas ata o 15 de decembro de 2017 que cumpran os requisitos determinados na anterior resolución.

Mediante a Resolución do 12 de setembro de 2018 (Diario Oficial de Galicia núm. 182, do 24 de setembro), publicáronse os resultados provisionais de baremación dos/das aspirantes admitidos/as, coa asignación do número de orde e as puntuacións provisionais obtidas.

Finalizado o prazo previsto no punto terceiro da citada resolución e analizadas as reclamacións presentadas, este centro directivo, de conformidade co punto sétimo da Resolución do 3 de novembro de 2017,

RESOLVE:

Primeiro. Aprobar a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais no ámbito do Sistema público de saúde de Galicia na categoría de enfermeiro/a especialista, especialidade de Enfermaría Pediátrica.

Segundo. As listas co número de orde e a puntuación definitiva obtidos polas persoas aspirantes admitidas están publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a aspirante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Terceiro. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpoñer recurso de reposición, ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Cuarto. As listas entrarán en vigor con efectos do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2019

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos