Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Mércores, 30 de xaneiro de 2019 Páx. 5965

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Galicia Europa

ANUNCIO do 18 de xaneiro de 2019 polo que se convoca unha bolsa para a realización de prácticas en materia de políticas e programas europeos no ámbito da innovación e a investigación.

O 10 de xaneiro de 2019 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Orde do 17 de decembro de 2018 pola que se autoriza a Fundación Galicia Europa para conceder subvencións e se aproban as bases reguladoras para a concesión de bolsas de formación, dirixidas a persoas cun título universitario, para a realización de prácticas en materia de políticas e programas europeos no ámbito da innovación e a investigación.

Segundo o establecido no artigo 15 dos estatutos da Fundación Galicia Europa, en ausencia do presidente da Fundación corresponde ao vicepresidente asinar as convocatorias públicas das axudas, subvencións e bolsas formativas da Fundación.

Á vista do anteriormente exposto,

DISPOÑO:

Primeiro. Convocatoria

Convocar unha bolsa, dirixida a persoas cun título universitario, para a realización de prácticas en materia de políticas e programas europeos no ámbito da innovación e a investigación, de conformidade coas bases reguladoras establecidas no anexo I da Orde do 17 de decembro de 2018 pola que se autoriza a Fundación Galicia Europa (en diante, FGE) para conceder subvencións e se aproban as bases reguladoras para a concesión de bolsas de formación, dirixidas a persoas cun título universitario, para a realización de prácticas en materia de políticas e programas europeos no ámbito da innovación e a investigación (en diante, bases reguladoras).

Segundo. Duración e lugar de realización da bolsa

1. O programa formativo da bolsa terá unha duración de doce (12) meses.

2. O lugar de desenvolvemento das bolsas será a oficina da FGE en Bruxelas e poderanse realizar tamén breves períodos formativos nas dependencias da Axencia Galega de Innovación (Gain) en Santiago de Compostela ou onde esta indique.

Terceiro. Contía e financiamento das bolsas

1. O importe total da bolsa distribuirase do seguinte xeito:

a) Retribución bruta (pagamento ao bolseiro): 15.949,08 €.

b) Axuda de desprazamento para gastos de viaxe (pagamento ao bolseiro): 1.100 €.

c) Seguridade Social: 490,92 €, en cumprimento do establecido no Real decreto 1493/2011, do 24 de outubro, polo que se regulan os termos e as condicións de inclusión no réxime xeral da Seguridade Social das persoas que participen en programas de formación, en desenvolvemento do previsto na disposición adicional terceira da Lei 27/2011, do 1 de agosto, sobre actualización, adecuación e modernización do sistema da Seguridade Social (BOE núm. 259, do 27 de outubro).

2. O financiamento desta bolsas enmárcanse na epígrafe «Gastos por axudas e outros, axudas monetarias», con cargo á conta 65001 «Axudas monetarias individuais», na cal existe crédito adecuado e suficiente no orzamento da FGE, coa seguinte distribución:

Conta

2019

2020

Total

65001

14.800,00

2.740,00

17.540,00

Cuarto. Requisitos dos beneficiarios e presentación de solicitudes

1. Para poder ser beneficiario da bolsa deberá cumprir os requisitos establecidos no artigo 5 das bases reguladoras.

2. As solicitudes presentaranse de acordo co procedemento establecido no artigo 6 das bases reguladoras.

3. As persoas solicitantes deberán achegar coa solicitude a documentación a que fai referencia o artigo 7 das bases reguladoras.

4. O prazo de presentación de solicitudes e da documentación complementaria será o establecido no artigo 8 das bases reguladoras.

Quinto. Información aos interesados

1. Sobre este procedemento administrativo (PR770M) poderase obter información adicional a través dos seguintes medios:

a) Na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal

b) Na páxina web da Fundación Galicia Europa: http://www.fundaciongaliciaeuropa.eu/

c) Nos enderezos electrónicos: santiago@fundaciongaliciaeuropa.eu ou bruselas@fundaciongaliciaeuropa.eu

d) Nos teléfonos: 981 54 10 12 ou +32 (0) 27 35 54 40.

e) Persoalmente nos enderezos da Fundación Galicia Europa:

En Santiago de Compostela: rúa do Hórreo, 61.

En Bruxelas: rue de la Loi / Wetstraat, 38-2°, bte. 2.

2. Para dúbidas relacionadas con dificultades técnicas ou de carácter xeral, poderán facer as súas consultas no teléfono de información da Xunta de Galicia 012 ou ao correo electrónico 012@xunta.es

Sexto. Xustificación e pagamento das bolsas

1. As axudas de desprazamento serán aboadas con anterioridade á primeira mensualidade das retribucións brutas, teñen a consideración de pagamentos anticipados e non exixen a constitución de garantías de acordo co artigo 65 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

Estes pagamentos débense xustificar no prazo dun mes desde a realización dos desprazamentos e acreditaranse mediante facturas e demais documentos de valor probatorio equivalente con validez no tráfico xurídico-mercantil ou con eficacia administrativa.

2. As retribucións brutas aboaranse en doce (12) mensualidades ao final de cada mes pola parte proporcional que corresponda tras descontar as retencións do IRPF e a cota obreira da Seguridade Social, sempre que non haxa algunha incidencia no seu desenvolvemento.

A xustificación débese presentar con carácter previo aos pagamentos mediante a achega da seguinte documentación:

a) Unha declaración responsable da obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas.

b) Unha declaración responsable de que están ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

c) Os informes que xustifiquen a actividade realizada durante o mes.

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2019

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente da Fundación Galicia Europa