Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Mércores, 30 de xaneiro de 2019 Páx. 5962

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribeira

ANUNCIO da ampliación da oferta de emprego público para o ano 2018.

Mediante o Decreto da Alcaldía do 28 de decembro de 2018, resolveuse aprobar a ampliación da oferta de emprego público deste concello para 2018, que foi aprobada mediante o Acordo da Xunta de Goberno Local adoptado en sesión que tivo lugar o 27 de setembro de 2018, en aplicación da taxa adicional regulada na disposición adicional 165ª da Lei 6/2018, do 3 de xullo, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2018, e en cumprimento do Real decreto 1449/2018, do 14 de decembro, polo que se establece o coeficiente redutor da idade de xubilación en favor dos policías locais ao servizo das entidades que integran a Administración local, co seguinte detalle:

Natureza

Código RPT

Grupo

Subgrupo

Escala

Subescala

Número prazas

Denominación

Funcionario

07.01.00.05

C

C1

Admón. especial

Servizos especiais

1

Oficial

Funcionario

07.01.00.29

C

C1

Admón. especial

Servizos especiais

1

Policía

O que se publica de conformidade co disposto na epígrafe 2 do número 70 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público.

Ribeira, 2 de xaneiro de 2019

Manuel Ruiz Rivas
Alcalde