Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Venres, 1 de febreiro de 2019 Páx. 6935

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 2019, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica industrial, convocado pola Orde do 12 de abril de 2016, pola que se dá publicidade a diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o día 21 de xaneiro de 2019, o tribunal nomeado pola Orde do 16 de abril de 2018 (DOG núm. 82, do 27 de abril) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica industrial,

ACORDOU:

Primeiro. Modificar, con base nas alegacións presentadas, as puntuacións obtidas no segundo exercicio da fase de oposición das seguintes persoas aspirantes, que queda do seguinte xeito:

Apelidos e nome

DNI

Cualificación (máx. 20 puntos)

Aymerich Rico, Ana María

0332

10,5792

Del Puerto Vilas, Juan Tomás

3326

12,0000

Lousada Fernández, Fernando

3052

11,0333

Martín Madroño, David

0345

14,5167

Pérez Feal, Sandra

9995

11,2500

Vicente Iglesias, Tania María

3283

12,9000

Vilariño Alonso, Zoila

2868

16,3167

Segundo. De conformidade co disposto na base II.1.1.2 da convocatoria superaron o segundo exercicio do proceso selectivo os aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de dez (10) puntos.

Terceiro. Desestimar na súa totalidade as restantes reclamacións e alegacións presentadas.

Cuarto. Publicar as modificacións das puntuacións obtidas polos aspirantes presentados ao segundo exercicio no lugar onde se realizou o exercicio e no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal

Quinto. De acordo co disposto na base II.1.1.4 da convocatoria, a aspirante Ana María Aymerich Rico, que en virtude desta resolución figura aprobada no 2º exercicio, disporá dun prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para presentar a documentación xustificativa (orixinais ou fotocopias compulsadas) de estar en posesión do Celga 4 ou o equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo).

Sexto. De conformidade co disposto na base III.13 da orde da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro competente en materia de función pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2019

Blanca Nieves Miranda Blanco
Presidenta do tribunal