Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Venres, 1 de febreiro de 2019 Páx. 6937

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 29 de xaneiro de 2019, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica industrial, convocado pola Orde do 12 de abril de 2016 pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do terceiro exercicio.

En sesión que tivo lugar o día 29 de xaneiro de 2019, o tribunal nomeado pola Orde do 16 de abril de 2018 (DOG núm. 82, do 27 de abril) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica industrial, acordou, de conformidade co disposto na base II.1.1.3 da convocatoria, que o terceiro exercicio terá lugar o día 6 de febreiro de 2019, no salón de actos da Facultade de Dereito en Santiago de Compostela, en chamamento único que se iniciará ás 16.00 horas.

As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, e bolígrafo de tinta azul.

Non se permitirá o acceso ao recinto onde se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro instrumento do que se poida valer a persoa aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2019

Blanca Nieves Miranda Blanco
Presidenta do tribunal