De acordo co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal, emprázanse as persoas interesadas identificadas no anexo para seren notificadas por comparecencia.
As resolucións notificadas ditounas o secretario xeral técnico da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, por delegación da conselleira, e teñen por obxecto as reclamacións do persoal docente dos centros privados concertados da paga extraordinaria por antigüidade na empresa.
A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.
A notificación da resolución poderá recollerse na sede da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, sita en Santiago de Compostela, Edificio Administrativo San Caetano, bloque 1, 2º andar; das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen que se produza a comparecencia, a notificación entenderase efectuada a partir do día seguinte ao último día do prazo fixado.
Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2019
José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos
ANEXO
DNI das persoas interesadas:
36061264R
36072255K
76403889M
35542909C
36060406V