Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Venres, 1 de febreiro de 2019 Páx. 7000

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Parque Tecnolóxico de Galicia, S.A.

ANUNCIO do 18 de xaneiro de 2019 polo que se convoca o proceso selectivo para a provisión, mediante contrato laboral temporal, dunha praza de titulado superior, xestor/a de proxectos.

A entidade mercantil Parque Tecnolóxico de Galicia, S.A. convoca o proceso selectivo para a contratación dun efectivo de persoal laboral temporal para traballar nun posto de xestor/a de proxectos dentro do departamento de proxectos da sociedade, para o apoio na execución e xestión do proxecto europeo EEN-Galactea Plus.

As bases e condicións están dispoñibles na páxina web www.tecnopole.es e no taboleiro de anuncios da sociedade situado no Edificio CEI do Parque Tecnolóxico de Galicia, CP 32900 en San Cibrao das Viñas (Ourense).

Para participar nesta convocatoria as persoas interesadas utilizarán o modelo de solicitude que se inclúe nas bases da convocatoria.

O prazo de presentación de solicitudes será de quince (15) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

San Cibrao das Viñas, 18 de xaneiro de 2019

Patricia Argerey Vilar
Conselleira delegada de Parque Tecnolóxico de Galicia, S.A.