Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Venres, 1 de febreiro de 2019 Páx. 6999

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ferrol

ANUNCIO de nomeamento, polo sistema de libre designación, do xefe do Servizo de Recursos Humanos e Emprego.

O día 28 de decembro de 2018 o alcalde presidente adoptou unha resolución, por medio da cal se acorda nomear, polo procedemento de libre designación, a Vicente José Calvo del Castillo para o desempeño do posto de xefe/a do Servizo de Recursos Humanos e Emprego.

As retribucións deste posto serán as establecidas no cadro orzamentario vixente.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Ferrol, 8 de xaneiro de 2019

Jorge Juan Suárez Fernández
Alcalde