Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Luns, 4 de febreiro de 2019 Páx. 7250

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 17 de xaneiro de 2019, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, polo que se notifica a incoación do procedemento sancionador PSC/2018/47 por infracción en materia sanitaria.

Con data do 22 de novembro de 2018, o secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade acordou a incoación do procedemento sancionador PSC/2018/47 por infracción en materia sanitaria.

Intentada a práctica da notificación ao interesado no enderezo coñecido, esta foi devolta polo servizo de Correos por estar ausente ou resultar descoñecida a persoa destinataria.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ao intentarse a notificación da incoación do procedemento sancionador PSC/2018/47 sen que se puidese efectuar, esta farase mediante publicación dun anuncio no Boletín Oficial del Estado, que se poderá, con carácter potestativo, publicar previamente no Diario Oficial de Galicia.

En concordancia co anterior, por medio deste anuncio notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo o acordo adoptado. Segundo establece o artigo 46 da citada lei, o interesado dispón dun prazo de dez días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para examinar o acordo na Subdirección Xeral de Inspección, Auditoría e Acreditación de Servizos Sanitarios, situada no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, en Santiago de Compostela.

Para que conste e lle sirva de notificación á persoa interesada, asino e selo este anuncio.

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2019

Alberto Fuentes Losada
Secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade

ANEXO

Número do expediente: PSC/2018/47.

NIF: 35275618N.

Último enderezo coñecido: avenida de Montero Ríos, nº 51, 2º, 36930 Bueu.