Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Luns, 4 de febreiro de 2019 Páx. 7252

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 3 de xaneiro de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se publica a resolución relativa á revisión cartográfica e documental do acordo de concentración parcelaria da zona de Monte de Santa María de Budiño (O Pino-A Coruña).

Con data 20 de decembro de 2018, a Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, coa fin de obter a coordinación entre os datos gráficos e os alfanuméricos de diversas fincas resultantes do acordo de concentración parcelaria de Monte de Santa María de Budiño (O Pino-A Coruña), ditou a seguinte resolución:

«O acordo de concentración parcelaria da zona de Monte de Santa María de Budiño (O Pino-A Coruña) foi declarado firme con data 10 de novembro de 2015.

Como consecuencia da entrada en vigor da Lei 13/2015, do 24 de xuño, de reforma da Lei hipotecaria e do texto refundido da Lei do catastro inmobiliario, de obrigado cumprimento, e conforme a habilitación recollida na disposición transitoria sexta da Lei 4/2015, do 17 de xuño, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia, levouse a cabo a revisión cartográfica e documental do acordo firme da antedita zona de concentración parcelaria.

Resultado da dita revisión -logo de trámite de audiencia- faise necesaria a modificación das superficies de diversos predios co fin de obter a coordinación entre os seus datos gráficos e os alfanuméricos.

Vistos o informe emitido polo Servizo Provincial de Infraestruturas Agrarias da Coruña, a Lei 13/2015, do 24 de xuño, de reforma da Lei hipotecaria e do texto refundido da Lei do catastro inmobiliario, a disposición transitoria sexta da Lei 4/2015, do 17 de xuño, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia, a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais disposicións de aplicación ao caso.

Esta dirección xeral, ao abeiro da disposición transitoria sexta da antedita Lei 4/2015, do 17 de xuño,

RESOLVE:

1. Variar, tal e como se reflicte en planos, os predios nº 154 e 324 ao superpoñerse o primeiro con terreos da zona de Cesar, e o segundo con terreos da zona xa concentrada de Budiño. O predio nº 154 pasa a figurar con 18.509 m2 e o predio nº 324 (Jesús Salvado Salvado, prop. nº 484) pasa a figurar con 30.074 m2 compensándose ao seu titular coa atribución do predio nº 329-1 de 1.225 m2, procedente do primitivo predio nº 329, cuxa restante superficie, 3.049 m2 permanece no Fondo de Terras como predio nº 329-2.

2. O predio nº 116 de Jesús Salvado Míguez (prop. nº 409) pasa a constar con 6.459 m2, compensando o seu titular co predio nº 138 de 1.025 m2 procedente do Fondo de Terras da zona.

3. Os predios nº 247, 413, 474, 646 e 425 pasan a constar coas seguintes superficies:

• Predio nº 247 con 752 m2.

• Predio nº 413 con 1.844 m2.

• Predio nº 474 con 726 m2.

• Predio nº 646 con 682 m2.

• Predio nº 425 con 5.869 m2.

4. Os predios pertencentes ao Fondo de Terras e descoñecidos, pasan a constar como se reflicte no anexo desta resolución.

Esta resolución non esgota a vía administrativa e contra ela cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro do Medio Rural, no prazo dun mes contado desde o día seguinte á recepción da notificación».

A Coruña, 3 de xaneiro de 2019

A xefa territorial da Coruña
P.S. (Orde do 13.4.2016)
Ofelia Rivas Vázquez
Xefa do Servizo Xurídico-Administrativo da Coruña

ANEXO

Prop.

Nome

Pol.

Predio

Subpredio

Sup. anterior

Sup. corr.

500

Descoñecidos

2

144

2.476

2.477

500

Descoñecidos

5

165

6.784

6.669

1000

Fondo de Terras

1

5

5.887

5.908

1000

Fondo de Terras

1

24

4.117

4.218

1000

Fondo de Terras

2

157

1.790

1.793

1000

Fondo de Terras

2

164

9.661

9.668

1000

Fondo de Terras

2

184

2.812

2.814

1000

Fondo de Terras

2

199

1.569

1.570

1000

Fondo de Terras

3

289

7.239

7.239

1000

Fondo de Terras

3

290

1

1.234

1.234

1000

Fondo de Terras

4

303

3.990

3.991

1000

Fondo de Terras

4

319

17.689

17.686

1000

Fondo de Terras

4

365

1

23.824

23.824

1000

Fondo de Terras

4

371

4.316

4.335

1000

Fondo de Terras

4

372

2.269

2.269

1000

Fondo de Terras

4

403

7.689

7.690

1000

Fondo de Terras

5

416

6.887

6.888

1000

Fondo de Terras

5

426

26.750

28.059

1000

Fondo de Terras

5

448

16.956

16.956

1000

Fondo de Terras

5

452

11.558

11.559

1000

Fondo de Terras

5

454

17.818

17.819

1000

Fondo de Terras

6

518

4.138

3.823

1000

Fondo de Terras

6

535

9.973

9.885

1000

Fondo de Terras

6

549

208

208

1000

Fondo de Terras

6

562

1.146

1.048

1000

Fondo de Terras

6

579

3.456

3.457

1000

Fondo de Terras

7

595

3.812

3.853

1000

Fondo de Terras

7

626

3.942

4.033

1000

Fondo de Terras

7

634

10.186

10.188

1000

Fondo de Terras

7

657

13.026

13.029

1000

Fondo de Terras

7

669

1.825

1.826

1000

Fondo de Terras

7

689

2.351

2.456