Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Luns, 4 de febreiro de 2019 Páx. 7225

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 15 de xaneiro de 2019, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se notifica emprazamento persoal no PA 203/2018.

Con data do 17 de decembro de 2018, a Dirección Xeral da Función Pública fixo un emprazamento persoal requirido polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense a esta dirección xeral, relativo ao PA 203/2018, contra a Resolución do 5 de xullo de 2018, do conselleiro de Facenda, pola que se desestima o recurso de alzada interposto contra a Resolución da Comisión Permanente nas listas de vinculación temporal, do 19 de abril de 2018.

Logo de tentar dúas veces a notificación do citado emprazamento a través do servizo de Correos no domicilio que consta no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, esta non se puido efectuar, e foron devoltas polo dito servizo por «Non retirado» tras os dous intentos, respectivamente, en que consta «ausente repartición».

Polo exposto, esta dirección xeral, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en virtude deste anuncio notifícalle ao interesado no citado procedemento, co DNI 76580350X, o emprazamento antes referido.

O interesado pode recoller a notificación da resolución mediante comparecencia nas dependencias da Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Relacións Laborais da Dirección Xeral da Función Pública (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 1-3º, Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, no prazo de dez (10) días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Contra a referida resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer o interesado recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa comparecencia para recoller a resolución, ou ao do transcurso do prazo previsto no páragrafo anterior sen que o interesado compareza, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, conforme os artigos 8.1 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE núm. 167, do 14 de xullo).

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2019

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública