Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Luns, 4 de febreiro de 2019 Páx. 7083

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 2019, da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, pola que se publica a Resolución do 28 de decembro de 2018 das axudas convocadas na Orde do 17 de xullo de 2018 pola que se establecen as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas niño, parcialmente cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para os anos 2018, 2019, 2020 e 2021.

Mediante a Orde do 17 de xullo de 2018 (DOG núm. 146, do 1 de agosto) publicáronse as bases reguladoras das axudas da Consellería de Política Social para a posta en marcha de casas niño e a convocatoria para o ano 2018.

De conformidade co artigo 16 da antedita orde, a resolución dos expedientes de axuda, logo da fiscalización da proposta facendo uso do previsto no artigo 7.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, corresponde, por delegación, á directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social.

Así mesmo, o artigo 17 da mesma orde, establece que se publicarán no Diario Oficial de Galicia de conformidade co artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, entre outras, as correspondentes resolucións. Esta publicación producirá os efectos de notificación.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 28 de decembro de 2018, ditada no procedemento BS403C, de concesión de axudas para a posta en marcha de casas niño cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia (2014-2020), que se xunta á presente resolución no anexo.

Segundo. Comunicar que a Resolución do 28 de decembro de 2018 que finaliza este procedemento esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Notificada a resolución polo órgano competente, as persoas propostas como beneficiarias disporán dun prazo de 10 días computado a partir do día seguinte da publicación para a súa aceptación, transcorrido o cal sen que se producise manifestación expresa, entenderase tacitamente aceptada.

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2019

María Amparo González Méndez
Directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

ANEXO

Resolución do 28 de decembro de 2018 ditada no procedemento BS403C
de concesión de axudas para a posta en marcha de casas niño cofinanciadas
polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia (2014-2020)

Vista a proposta de resolución da Subdirección Xeral de Demografía e Conciliación de conformidade co disposto no artigo 14.5 da Orde do 17 de xullo de 2018, pola que se establecen as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas niño e se convocan para o ano 2018 (cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020), e fiscalizada esta, facendo uso do previsto no artigo 7.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder ás persoas que se relacionan no anexo I as axudas convocadas na dita orde de convocatoria con cargo á aplicación orzamentaria 12.02.312B.770.0.

Esta axuda pública está cofinanciada nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, en particular:

Obxectivo temático 10: investir en educación, formación e formación profesional para a adquisición de capacidades e aprendizaxe permanente.

Prioridade de investimento 10.5-Investir en educación, formación e formación profesional para a adquisición de capacidades e aprendizaxe permanente, mediante o desenvolvemento das infraestruturas en educación e formación.

Obxectivo específico 10.5.1-Mellorar as infraestruturas de educación e formación.

Actuación 10.5.1.4b-Axudas ao investimento en centros de atención á primeira infancia de 0-3 anos e casas niño.

Categoría de intervención CE052-Infraestruturas para a atención e a educación da primeira infancia.

O que exixe o cumprimento da normativa aplicable a este fondo, en particular, o Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento e do Consello, do 17 de decembro de 2013, e o Regulamento (UE) nº 1301/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, sobre o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, a Orde HPF/1979/2016, do 29 de decembro, pola que se aproban as normas sobre os gastos subvencionables dos programas operativos do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional para o período 2014-2020, así como a súa normativa comunitaria, estatal e autonómica de desenvolvemento.

A concesión desta axuda supón que o beneficiario acepta ser incluído na lista pública de operacións prevista no artigo 115.2 do Regulamento (UE) nº 1303/2013. Así mesmo, o beneficiario deberá cumprir os requisitos de publicación e comunicación en relación coa publicidade do financiamento, de conformidade co previsto no anexo XII, punto 2.2, do devandito Regulamento (UE) nº 1303/2013.

O método aplicado para determinar o importe subvencionable e o importe da subvención é o de custos reais.

As axudas concedidas condicionaranse ao cumprimento de todas as obrigas establecidas na Orde do 17 de xullo de 2018.

A xustificación da subvención realizarase de acordo co establecido no artigo 21 da orde de convocatoria.

Coa solicitude de pagamento a persoa beneficiaria deberá informar sobre o nivel de logro dos indicadores de produtividade asociados a esta convocatoria de axudas.

O pagamento da subvención realizarase de acordo co establecido no artigo 22 da Orde do 17 de xullo de 2018.

As persoas beneficiarias disporán dun prazo de 2 meses contados a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia para achegar a documentación prevista nas letras m) a q) do artigo 11.1, no caso de que non fora achegada coa solicitude, así como para acreditar o acondicionamento do inmoble de acordo co establecido no artigo 4.1.c) da Orde do 17 de xullo de 2018. Este prazo será de 3 meses no caso das cooperativas de traballo asociado en proceso de constitución.

Segundo. Establecer no anexo II a relación de solicitudes susceptibles de axuda pero que por terse esgotado o crédito quedan en reserva para seren atendidas nos supostos establecidos no artigo 14.9.

Terceiro. Denegar ás persoas relacionadas no anexo III as axudas solicitadas polas causas que se detallan.

Cuarto. Esta resolución que finaliza o procedemento esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte da publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2018. A conselleira de Política Social. P.D. (Artigo 16 da Orde do 17 de xullo de 2018; DOG núm. 146, do 1 de agosto). Mª Amparo González Méndez, directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica.

ANEXO I

Axudas concedidas

Nº expte.

Solicitante

NIF

Nome da casa niño

Concello

Provincia

Puntuación

Importe investimento

Importe prima anos 2019, 2020 e 2021

4

Cristina Barja Blanco

34629054R

Lala

Vilardevós

Ourense

112,50

15.000 €

58.800 €

2

Rita Doallo Álvarez

44454563W

A Parruliña

Taboadela

Ourense

107,50

15.000 €

58.800 €

18

Cooperativa Entelequia

35598557P

A entelequia de Aranga

Aranga

A Coruña

107,50

14.910,76 €

58.800 €

23

Mª Luz Trenco Puente

33278934G

Novo Mencer

Irixoa

A Coruña

105,00

14.990,80 €

58.800 €

25

Lucía Novoa Joga

44474166D

Lodoselo

Sarreaus

Ourense

102,50

14.695 €

58.800 €

3

Ana Belén Fernández Fernández

44093171D

Axóuxere

Santiso

A Coruña

97,50

15.000 €

58.800 €

15

Mª del Carmen Salgado Atanes

34998905N

Bolboreta

Trasmiras

Ourense

97,50

14.200 €

58.800 €

16

Cooperativa Entelequia

32711569A

A entelequia de Monfero

Monfero

A Coruña

97,50

15.000 €

58.800 €

17

Cooperativa Entelequia

45908562X

A entelequia de Vilarmaior

Vilarmaior

A Coruña

97,50

15.000 €

58.800 €

14

Henar Yáñez Prado

33553240N

O Páramo

O Páramo

Lugo

97,50

15.000 €

58.800 €

12

Ana Mª Iglesias Rodríguez

53308839Z

Neno

Vilasantar

A Coruña

97,50

15.000 €

58.800 €

5

Susana Ontiveros García

76720655S

Os Pipiolos

Petín

Ourense

95,00

15.000 €

58.800 €

6

Ana Bamonde Codesal

76580167B

O Meu Ben

Rábade

Lugo

87,50

14.990 €

58.800 €

9

Rocío Pombo Castrillón

33561191M

Entrepeques

Triacastela

Ourense

87,50

15.000 €

58.800 €

11

Laura Cancio Valcarce

32718842P

Bolboreta

A Capela

A Coruña

87,50

15.000 €

58.800 €

ANEXO II

Solicitudes en reserva

Nº expte.

Solicitante

NIF

Casa niño

Concello

Puntuación

Axuda investimento

7

Carla Alonso Álvarez

76728476Q

Vilardevós

Vilardevós

112,50

13.938,10 €

20

Sandra Rivera Blanco

76730873K

Axóuxere

Taboadela

107,50

13.599,73 €

22

Noemí González Pérez

44478840Z

A Raíz

Xunqueira de Espadanedo

87,50

15.000 €

24

Sara Seijas Sanfiz

33553167P

Todos somos uno

Rábade

87,50

6.697,89 €

8

Antía Fernández Vázquez

44655243F

Agarimo

Montederramo

82,50

15.000 €

21

Tamara González Ferreiro

44469237W

As Bubelas

Vilar de Barrio

80,00

15.000 €

1

Eva Justo Rodríguez

34630275A

Eva Justo Rodríguez

Monterrei

97,50

15.000 €

ANEXO III

Solicitudes inadmitidas/denegadas


expte.

Solicitantes

NIF

Concello

Provincia

Causa

10

Andrea Rodríguez Freire

34995185H

A Bola

Ourense

Emprazamento casa niño nun concello con recurso de atención á 1ª infancia na data de emisión do informe de instrución.

13

Ester Pérez Tato

33558447K

Baleira

Lugo

Non contestar ao requirimento de emenda e documentación publicado na Resolución do 20 de setembro de 2018 (DOG núm. 189, do 3 de outubro).

19

Álvaro Araújo Fernández

44659299S

Rairiz de Veiga

Ourense

Emprazamento casa niño nun concello con recurso de atención á 1ª infancia na data de emisión do informe de instrución.