Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Martes, 5 de febreiro de 2019 Páx. 7455

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 11 de xaneiro de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a resolución ditada no procedemento tramitado por esta entidade (expediente 2009/20/27).

De conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada que a seguir se relaciona a resolución ditada pola xefa territorial no expediente administrativo instruído conforme o disposto no artigo 175 e seguintes do Código civil e demais normativa de aplicación, logo dos intentos de notificación realizados sen que fose posible efectuar as ditas notificacións por causas non imputables á Administración ou por descoñecer o domicilio da interesada.

O expediente está á disposición da persoa interesada, ou dos seus representantes debidamente acreditados, no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Política Social, na rolda da Muralla, 70, planta baixa, onde, no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderán comparecer para coñeceren o contido íntegro da resolución, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas, advertíndolles que, de non o faceren, se terán por notificadas.

A persoa interesada, ou os seus representantes debidamente acreditados, poderán interpor recurso de alzada contra a resolución ditada no expediente, que non pon fin á vía administrativa, ante a persoa titular da Consellería Política Social, no prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da data da súa notificación, sen prexuízo de que a persoa interesada poida exercer, de ser o caso, calquera outro que xulgue procedente (artigos 30, 40, 112, 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro).

Lugo, 11 de xaneiro de 2019

María Cristina Abades Martínez
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: 2009/20/27.

DNI: 32665894Y.

Asunto: Resolución do 25 de outubro de 2018.

Efectos: caducidade do procedemento e acordo de arquivamento.