Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Martes, 5 de febreiro de 2019 Páx. 7448

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 10 de decembro de 2018 polo que se notifica o acto administrativo ditado no expediente de responsabilidade patrimonial número 4/2018, tramitado na Xefatura Territorial de Vigo.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación de acordo co previsto no artigo 42 da propia Lei 39/2015, do 1 de outubro, sen que se puidese efectuar, notifícaselle á persoa interesada, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo citado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, conforme o disposto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, a persoa interesada dispón dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, para comparecer por si ou a través de persoa que a represente. A comparecencia realizarase nas dependencias da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Política Social, Servizo de Coordinación Administrativa, situada na rúa Concepción Arenal, número 8, 1º andar, Vigo, entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida cando remate o prazo indicado para comparecer.

Advírtese de que, unha vez notificado o requirimento referido, o interesado dispón dun prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da súa notificación, para achegar a documentación que se lle indica no dito requirimento.

Vigo, 10 de decembro de 2018

Mónica Lago Fernández
Instrutora

ANEXO

Expediente: 4/2018.

DNI: 34582634.

Acto de notificación: requirimento de documentación do 20 de novembro de 2018.