Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Martes, 5 de febreiro de 2019 Páx. 7450

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 11 de xaneiro de 2019, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifican diversas resolucións ditadas no procedemento BS210A (expediente VI-66281 e un máis).

De conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, tentada a notificación das resolucións ditadas pola xefatura territorial no último domicilio coñecido dos interesados sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, notifícanselles as resolucións ás persoas citadas no anexo, ou aos seus representantes debidamente acreditados, para que no prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), comparezan nas dependencias do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social, na Praza da Estrela, s/n, 3º andar, de Vigo, en horario de mañá, entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñeceren o texto íntegro da resolución e advertíndolles que, de non o faceren así, se terán por notificados.

Contra estas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da súa notificación, dirixido á persoa titular da Consellería de Política Social, conforme os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Vigo, 11 de xaneiro de 2019

Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Procedemento/Nº de expediente

DNI

Acto obxecto de notificación

Data do documento

BS210A/VI-66281

76837366R

Resolución de recoñecemento

29.6.2018

BS210A/VI-66604

35818968X

Resolución de recoñecemento

24.8.2018

BS210A/VI-66604

35818968X

Aprobación do programa

9.10.2018