Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Martes, 5 de febreiro de 2019 Páx. 7417

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 168/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 168/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ana María Ares González contra Campiñas de Laíño, S.A., Refojo y González, S.L., Hipescar, S.L. e Fidel Derivados Cárnicos, S.L., ditouse sentenza, cuxa parte dispositiva se adxunta:

«Estímase a demanda presentada pola parte demandante fronte a Campiñas de Laíño, S.A., Refojo y González, S.L., Hipescar, S.L. e Fidel Derivados Cárnicos, S.L., na súa pretensión principal, e en consecuencia:

– Declárase nulo o despedimento da traballadora efectuado con efectos do 31 de xaneiro de 2018.

– Condénanse solidariamente as codemandadas á inmediata readmisión da demandante no seu posto de traballo, con aboamento dos salarios deixados de percibir desde a data do despedimento, ata a efectiva readmisión, a razón de 40,88 euros/día.

Notifíquese a presente resolución ás partes e aos administradores concursais, facéndolles saber que contra ela poden interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación, logo da consignación do depósito de 300 euros e no caso da empresa condenada, do importe obxecto de condena».

E para que sirva de notificación en legal forma a Hipescar, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de decreto, auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza