Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Martes, 5 de febreiro de 2019 Páx. 7416

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 167/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 167/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Maximino Liñares Illodo contra Campiñas de Laíño, S.A., Refojo y González, S.L., Hipescar, S.L. e Fidel Derivados Cárnicos, S.L., se ditou sentenza, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Estímase a demanda presentada pola parte demandante fronte a Campiñas de Laíño, S.A., Refojo y González, S.L., Hipescar, S.L. e Fidel Derivados Cárnicos, S.L., na súa pretensión principal e, en consecuencia:

– Declárase nulo o despedimento do traballador efectuado con efectos de 31 de xaneiro de 2018.

– Condénanse solidariamente as codemandadas á inmediata readmisión do demandante no seu posto de traballo, con aboamento dos salarios deixados de percibir desde a data do despedimento ata a efectiva readmisión, a razón de 44,16 euros/día.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela poden interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación, logo de consignación do depósito de 300 euros e, no caso da empresa condenada, do importe obxecto de condena».

E para que sirva de notificación en legal forma a Hipescar, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza