Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Mércores, 6 de febreiro de 2019 Páx. 7785

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (DSP 988/2017).

Despedimento/cesamentos en xeral (DSP) 988/2017

Sobre: despedimento

Demandante: Pablo Dubra Fernández

Avogado: Felipe Carlos Martínez Ramonde

Demandada: Foto Artús, S.L.

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 988/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Pablo Dubra Fernández contra Foto Artús, S.L., con intervención do Fogasa, sobre despedimento, se ditou sentenza en data 3 de xaneiro de 2019, cuxo encabezamiento e decisión son do teor literal seguinte:

«Reforzo

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: despedimento 988/2017

Demandante: Pablo Dubra Fernández

Letrado: Sr. Martínez Ramonde

Demandada: Foto Artús, S.L.

Sentenza 14/2019

A Coruña, 3 de xaneiro de 2019

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Pablo Dubra Fernández fronte á empresa Foto Artús, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e a extinción da relación laboral na data desta sentenza. Todo iso con condena da empresa ao aboamento da indemnización detallada no número segundo desta decisión.

2º. A indemnización que aboarán as empresas demandadas, segundo o disposto no número anterior, ascende á cantidade de 28.451,40 euros.

3º. Condeno a empresa demandada a que lle aboe ao traballador os salarios de tramitación desde a data do despedimento á data da extinción da relación laboral no día de hoxe, a razón de 39,25 €/día, o que dá a cantidade de 19.483,36 euros».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Foto Artús, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no DOG.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 15 de xaneiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza