Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 497/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuela Sande Rivadeneira contra Lineanorte Multiservicios, S.L. e Castrobarredo, S.L., se pronunciou sentenza, cuxa parte dispositiva se xunta:
«Que estimando parcialmente a demanda interposta por Manuela Sande Rivadeneira contra Lineanorte Multiservicios, S.L., Castrobarredo S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, efectúo os pronunciamientos seguintes:
1. Debo condenar e condeno a Lineanorte Multiservicios, S.L. a aboarlle á demandante a suma de 583,27 euros, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET sobre a dita cantidade desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución
2. Debo condenar e condeno a Castrobarredo, S.L. a aboarlle á demandante 1.082,64 euros, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET sobre a dita cantidade desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.
3. No que incumbe á responsabilidade do Fogasa non procede a súa condena nesta instancia, polo que se observará o que resulte da aplicación do artigo 33 do ET, con notificación da presente resolución.
Notifíqueselles ás partes a presente resolución, facéndolles saber que fronte a ela non cabe recurso».
E para que lle sirva de notificación en legal forma a Lineanorte Multiservicios, S.L. e Castrobarredo, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de decreto, auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2019
A letrada da Administración de xustiza