De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase ás persoas relacionadas no anexo o acto que se indica en expediente de reclamación de danos en materia de estradas (Lei 6/2015, do 7 de agosto, de estradas de Galicia), devolta polo servizo de Correos por resultar descoñecida a súa destinataria ou ben porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.
Segundo establece o artigo 46 da citada lei, os interesados dispoñen dun prazo de dez días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para comparecer na sede do Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas (avenida María Victoria Moreno, 43, 1º, Edificio Administrativo, 36003 Pontevedra), se desexan examinar o expediente e coñecer o contido íntegro deste acto, que contén tamén ofrecemento de prazo de alegacións ou de recursos. Transcorrido o dito prazo de dez días sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Fáiselle saber que contra a dita resolución, definitiva na vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición en que o demandante teña o seu domicilio, ou no de Pontevedra, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao do remate do prazo de dez días antes sinalado ou ao da comparecencia da interesada, se é o caso.
Para que conste e lle sirva de notificación aos interesados, asino e selo este anuncio.
Pontevedra, 22 de xaneiro de 2019
Fausto Núñez Vilar
Xefe do Servizo Provincial de Pontevedra
ANEXO
Expediente |
Persoa interesada |
Acto notificado |
Estrada |
RD/PO-233/2018 |
Jesusa Miguélez Santiso |
Incoación de expediente |
PO-532 (Pontevedra, Ponte Caldelas) |