De conformidade co disposto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise público o requirimento relativo ao expediente de avaliación previa á contratación de profesorado universitario polas universidades de Galicia, relativo á convocatoria publicada a través da Resolución do 3 de setembro de 2018 (DOG do 12.9.2018), e que, intentada a súa notificación no domicilio indicado polo interesado, non se puido practicar. Este requirimento foi ditado polo director do Consorcio Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, en virtude das competencias que ten atribuídas nos estatutos da ACSUG aprobados polo Decreto do 11 de xaneiro de 2018 (DOG do 29.1.2018).
A persoa citada no anexo deberá comparecer persoalmente ou debidamente representada, no prazo de dez días contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, na sede do Consorcio Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (5ª planta do CIFP Compostela; Lamas de Abade, s/n, 15702, Santiago de Compostela), para ter coñecemento do contido do requirimento e deixar constancia da súa notificación, advertindo que, en caso de non comparecer no prazo indicado, considerarase notificado cos efectos que corresponda.
A resolución de recurso pon fin á vía administrativa e poderá ser impugnada directamente na vía contencioso-administrativa, de conformidade co artigo 25 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación.
Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2019
José Eduardo López Pereira
Director do Consorcio Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia
ANEXO
Nome |
Identificación |
Expediente |
Jesús Ángel Coronado Martín |
06241361N |
259-1A/18-104/PCD 260-1A/18-098/PAD 261-1A/18-059/PUP |