Eu, Patricia Raposo Fernández, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra, por este edicto
Anuncio:
Neste procedemento, seguido por instancia da Comunidade de Propietarios Médico Ballina, 38 contra Sistelga, S.L., ditouse a sentenza cuxo teor literal é o seguinte:
Sentenza nº 145/2017
Pontevedra, 18 de outubro de 2017
Vistos por Ignacio de Frías Conde, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra, estes autos de xuízo verbal rexistrados co número 98/2017, promovidos pola Comunidade de Propietarios do edificio nº 38 da rúa Médico Ballina de Pontevedra, representada pola procuradora Sra. Fernández Nazar e defendida polo letrado Sr. Dobarro Buitrago, contra Sistelga, S.L., sobre reclamación de cotas comunitarias.
Resolvo:
Que estimo a demanda interposta pola procuradora Sra. Fernández Nazar, en nome e representación da Comunidade de Propietarios do edificio nº 38 da rúa Médico Ballina de Pontevedra, contra Sistelga, S.L., e condeno a Sistelga, S.L. a pagarlle á Comunidade de Propietarios do edificio nº 38 da rúa Médico Ballina de Pontevedra a cantidade de 794,32 euros máis os xuros sinalados no artigo 576 da Lei de axuizamento civil desde a data desta resolución.
As custas procesuais impóñenselle a Sistelga, S.L.
Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso de apelación.
Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas deste xulgado e déixese no procedemento testemuño bastante.
Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza.
Ao encontrarse a dita demandada, Sistelga, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.
Pontevedra, 3 de setembro de 2018
A letrada da Administración de xustiza