Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Mércores, 6 de febreiro de 2019 Páx. 7779

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (PO 50/2016).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 50/2016 deste xulgado do social, seguido contra a empresa Reyes e Gago, S.L. e coa intervención do Fogasa, sobre ordinario (recoñecemento relación laboral a xornada completa), ditouse a seguinte resolución, cuxo encabezamento e parte dispositiva se xuntan:

«Sentenza

Na Coruña o catorce de xaneiro de dous mil dezanove

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, vendo os presentes autos seguidos neste xulgado co número PO 50/2016 en que son parte, dun lado como demandante Laura Gabriela Gutiérrez Gutiérrez, con DNI 51294080D, asistida polo letrado Alberto Vilaboa López, e como demandada a mercantil Reyes y Gago, que non comparece a pesar de estar citada en legal forma, e coa intervención do Fogasa, que non comparece a pesar de estar citado en legal forma, sobre recoñecemento de relación laboral pronunciou en nome do rei, a seguinte sentenza

Decido que, estimando a demanda interposta pola demandante Laura Gabriela Gutiérrez, debo condenar e condeno a empresa Reyes y Gago, S.L. a que abone á demandante a cantidade de 6.337,85 euros, máis os xuros correspondentes.

Notifíquese esta resolución ás partes ás que se fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anuncialo ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza e, no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, entregar xustificante acreditativo de consignar a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta en Banco de Santander desta cidade.

E, igualmente, deberá no momento de interpoñer o recurso consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mando e asino».

Para que sirva de notificación en legal forma á empresa Reyes y Gago, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 14 de xaneiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza