Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Xoves, 7 de febreiro de 2019 Páx. 8027

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2015, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se dá publicidade da declaración de impacto ambiental formulada pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental con data do 3 de xuño de 2015, relativa ao proxecto do parque eólico Monte Arca, no concello da Estrada (Pontevedra), promovido por Vento Continuo Galego, S.L.

Visto o artigo 5.7 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG núm. 188, do 25 de setembro),

RESOLVO:

Dar publicidade mediante esta resolución á declaración de impacto ambiental formulada pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental no 3 de xuño de 2015, relativa ao proxecto do parque eólico Monte Arca, no concello da Estrada (Pontevedra), promovido por Vento Continuo Galego, S.L., e que se poderá consultar na ligazón: http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Enerxía e Minas da Consellería de Economía e Industria, sitas no Edificio Administrativo San Caetano, bloque 5, cuarto andar, en Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2015

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas