Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Xoves, 7 de febreiro de 2019 Páx. 8028

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación no concello de Tomiño (expediente IN407A 2018/469).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204.

Denominación: reforzo LMTA ROS807 derivación ao CT Vilar.

Situación: Tomiño.

Características técnicas: LMT aérea a 20 kV con condutor tipo LA-56 de 315 metros de lonxitude, con orixe no apoio C-3000/12 proxectado e final no apoio C-3000/14 proxectado, situada en Vilar, no concello de Tomiño (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións por duplicado nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, no prazo de trinta días a partir da última publicación ou notificación individual.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Así mesmo, e no mencionado prazo, poderase examinar nesta xefatura territorial o proxecto da instalación.

Pontevedra, 15 de xaneiro de 2019

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Nº de expediente: IN407A 2018/469.

Termo municipal: Tomiño.

Denominación: reforzo LMTA ROS807 derivación ao CT Vilar.

Provincia: Pontevedra.

– Predio 1:

Titular: Manuel Calzado Domínguez.

Lugar: Pereiro.

Cultivo: prado.

Afección: 1,21 m2 do solo para o centro de transformación.

– Predio 2:

Titular: Evaristo Méndez Álvarez.

Lugar: Gargantada.

Cultivo: prado.

Afección: 1,44 m2 do solo para o centro de transformación.

– Predio 3:

Titular: Daniel Martínez Rodríguez.

Lugar: Gargantada.

Cultivo: agrario.

Afección: 1,44 m2 do solo para o centro de transformación.