Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Xoves, 7 de febreiro de 2019 Páx. 8030

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e necesidade da urxente ocupación que leva implícita, e de autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Caldas de Reis (expediente IN407A 2018/400-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: soterramento LMT TIB 801-802-803 e CT Pinal Xandeiro.

Situación: Caldas de Reis.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ en catro actuacións:

– Actuación 1 e 2, TIB801: 1.009 metros; orixe: apoio proxectado (AP) C-9000/14; final: arqueta existente na LMTS TIB 801, facendo entrada e saída no CT proxectado Pinal Xandeiro.

– Actuación 3, TIB 802: 785 metros; orixe: AP C-9000/14; final: arqueta existente na LMTS TIB 802.

– Actuación 4, TIB 803: 785 metros; orixe: AP C-9000/14; final: arqueta existente na LMTS TIB 803.

Centro de transformación Pinal Xandeiro, en caseta prefabricada, a 250 kVA con RT 20 kV/400 V. Tendido de 193 metros de condutor LA-110 entre o apoio 6 da LMTA TIB 801 e o AP C-9000/14. A instalación está situada en Caldas de Reis (Pontevedra).

Realizouse o trámite de información pública inserindo anuncios no DOG do 10 de outubro de 2018, no BOP do 5 de outubro de 2018, no xornal Faro de Vigo do 28 de setembro de 2018 e no taboleiro de anuncios do Concello de Caldas de Reis. Tamén se notificou individualmente aos titulares coñecidos dos predios afectados pola instalación de acordo coa relación de bens afectados facilitada pola empresa peticionaria.

Durante o mencionado trámite, o 30 de outubro de 2018 recibíronse as alegacións de Rosa María Piñeiro de la Cruz. O 23 de novembro de 2018, Francisco Javier Ramos Díaz, en representación da empresa UFD Distribución Electricidad, S.A., entrega a esta xefatura territorial escrito de contestación de alegacións.

Unha vez examinado o devandito escrito, conclúese que:

Primeiro. O artigo 161 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, é aplicable tanto ás liñas de alta tensión aéreas como subterráneas. Este artigo non é aplicable á expropiación dunha parcela para a instalación dun centro de transformación ou calquera equipamento necesario.

Segundo. No plano 7/17 do proxecto presentado indícase que a traza da liña discorre por unha vía. Os 2,5 metros de liña subterránea indicados na relación de bens e dereitos afectados debido ao recuamento do centro de transformación da instalación, enténdese que forman parte do propio equipamento necesario do centro de transformación.

Terceiro. En relación coas vías públicas propostas como alternativa ás instalacións proxectadas, cabe indicar que non constan alternativas presentadas, así como autorizacións dos organismos afectados para o cambio de localización no sistema viario.

Cuarto. En relación coa solicitude de expropiación total da parcela afectada e tendo en conto o artigo 152 do Real decreto 1955/2000 («Expropiación por instancia do dono do predio servente»), o reclamante non xustifica as causas concretas determinantes dos prexuízos económicos como consecuencia da alteración das condicións fundamentais da explotación da parcela.

Quinto. Tendo en conta todo o anterior, procede a declaración de utilidade pública da instalación eléctrica proxectadas para os efectos da expropiación forzosa dos bens e dereitos necesarios para o seu establecemento.

En consecuencia, cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro), esta xefatura territorial

RESOLVE:

Conceder autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción e declarar, en concreto, a utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita dos bens afectados polo devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguranza establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir de día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se considere pertinente.

Pontevedra, 15 de xaneiro de 2015

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra