Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Venres, 8 de febreiro de 2019 Páx. 8456

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 2019, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de química, convocado pola Orde do 12 de abril de 2016, pola que se fai pública a baremación definitiva da fase de concurso.

Na sesión que tivo lugar o 24 de xaneiro de 2019, o tribunal nomeado pola Orde do 17 de novembro de 2017 (DOG núm. 227, do 29 de novembro) para cualificar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de química, convocado pola Orde do 12 de abril de 2016 (DOG núm. 85, do 4 de maio), e de conformidade co disposto nas bases da convocatoria,

ACORDOU:

Primeiro. Facer pública, como anexo a esta resolución, a baremación definitiva da fase de concurso, con indicación da puntuación obtida polas persoas aspirantes, de acordo co disposto na base II.2 da convocatoria.

Segundo. De acordo co disposto na base III.13 da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro competente en materia de función pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2019

José Francisco Alonso Picón
Presidente do tribunal

ANEXO

DNI

Apelidos e nome

Puntuación

base II.2.1

Puntuación

base II.2.2

Total

3327****

López Souto, María Dolores

35

4

39

****5830

Vázquez Hernández, Manuel

0

2,40

2,40