Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Venres, 8 de febreiro de 2019 Páx. 8457

IV. Oposicións e concursos

Consello de Contas de Galicia

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 2019 pola que se ordena a publicación do Acordo da Comisión de Goberno, do 25 de xaneiro de 2019, que aprobou anunciar a convocatoria pública, polo sistema de libre designación, dun posto vacante.

En virtude das competencias que me corresponden conforme o artigo 10 do Regulamento de réxime interior do Consello de Contas de Galicia,

RESOLVO:

Facer público o Acordo da Comisión de Goberno, do 25 de xaneiro de 2019, polo que se aproba anunciar a convocatoria pública, polo sistema de libre designación, dun posto vacante no Consello de Contas de Galicia e ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2019

José Antonio Redondo López
Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia

Acordo da Comisión de Goberno polo que se aproba a convocatoria
pública dun posto vacante no Consello de Contas de Galicia polo
procedemento de libre designación

De conformidade co disposto no artigo 17 da Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas; no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/91, de 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna da Xunta de Galicia, e no uso das competencias conferidas polo artigo 9.2.c) da Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas, esta comisión de goberno acorda:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para prover, polo sistema de libre designación, o posto de traballo que se indica no anexo I deste acordo.

Segundo. Poderán concorrer a ela os/as funcionarios/as que reúnan as condicións que para o posto de traballo se relacionan no anexo I.

Terceiro. As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse no Rexistro Xeral do Consello de Contas de Galicia (rúa Domingo Fontán, número 7, Santiago de Compostela), directamente ou nas formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o modelo que se inclúe como anexo II. O prazo de presentación de solicitudes será de quince (15) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. Os/as aspirantes deberán xuntarlle á petición un curriculum vitae e xustificar, mediante certificación ou copia compulsada da documentación acreditativa, os méritos que aleguen.

Quinto. No caso de resultar seleccionado/a para ocupar o posto de traballo que se relaciona no anexo I desta orde un/unha funcionario/a con destino noutra Administración pública, requirirase o informe favorable do departamento en que presta servizos, considerándose favorable de non emitirse no prazo de quince (15) días, segundo o disposto no artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo.

Sexto. A resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia e poderase declarar deserta de considerarse oportuno.

Sétimo. O prazo para tomar posesión do novo destino obtido será de tres días hábiles se non implica cambio de residencia ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia. Cando a persoa adxudicataria do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte días hábiles.

O prazo de toma de posesión empezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento, que se deberá producir dentro dos tres días hábiles seguintes ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, ou desde a data en que se comunique a resolución do traslado á Administración na cal preste servizos. Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión deberase computar desde o día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

Oitavo. Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o Pleno do Consello, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, segundo establecen os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Contra a resolución do recurso de alzada, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co establecido nos artigos 10.1.ap.c e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

ANEXO I

Denominación do posto de traballo: letrado maior.

Código do posto de traballo: CC.F02.02.01.

Localidade: Santiago de Compostela.

Subgrupo: A1.

Nivel de complemento de destino: 30.

Complemento específico: 30.594,60 €.

Adscrición administracións publicas: Comunidade Autónoma de Galicia, outras comunidades autónomas, Estado e corporacións locais (A12).

Formación específica: experiencia en asesoramento xurídico.

missing image file