Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Venres, 8 de febreiro de 2019 Páx. 8213

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 2019, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se dá publicidade do esgotamento de crédito do Programa I da Orde do 15 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a promoción e consolidación do emprego autónomo a través do Programa I, de axudas á promoción do emprego autónomo, cofinanciado parcialmente con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e do Programa II de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (Diario Oficial de Galicia número 19, do 26 de xaneiro).

Primeiro. A Orde do 15 de decembro de 2017 pola que se establecen las bases reguladoras para a promoción e consolidación do emprego autónomo a través do Programa I, de axudas á promoción do emprego autónomo, cofinanciado parcialmente con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e do Programa II de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (Diario Oficial de Galicia núm. 19, do 26 de xaneiro de 2018), establece, no seu artigo 4, que a concesión das subvencións previstas nesta orde estará suxeita á existencia de crédito orzamentario. De ser o caso e de acordo co disposto no artigo 31.4 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, publicarase mediante resolución da persoa titular da Secretaría Xeral de Emprego o esgotamento das partidas orzamentarias asignadas.

Segundo. A Orde do 15 de decembro de 2017 establece, no seu artigo 4.2, que a distribución provincial de créditos será directamente proporcional á porcentaxe de paro rexistrado en cada provincia a 31 de decembro de 2017, segundo os datos rexistrados no Servizo Público de Emprego de Galicia. Se o orzamento asignado a cada provincia non é suficiente para pagar todas as axudas solicitadas aplicarase como criterio de prioridade a data de presentación en cada ámbito provincial.

Para estes efectos, terase en conta a data en que a correspondente solicitude se presentou de acordo co previsto no artigo 7.2 desta orde. No caso de coincidencia na data de presentación entre dúas ou máis solicitudes presentadas que correspondan ao mesmo ámbito provincial, a orde de prioridade virá determinada pola hora.

Terceiro. A Orde do 15 de decembro de 2017 establece, no seu artigo 4.1, que se financiará cos seguintes créditos:

Programa I: aplicación orzamentaria 09.40.322C.472.0 cun crédito de 14.663.995 euros, que foi ampliado mediante a Orde do 23 de novembro de 2018 (DOG núm. 229, do 30 de novembro) en 4.000.000 de euros, tendo, polo tanto, un crédito total de 18.663.995 euros.

En virtude do anterior, a persoa titular da Secretaría Xeral de Emprego, por delegación do conselleiro,

RESOLVE:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do esgotamento do crédito con cargo á aplicación orzamentaria 09.40.322C.472.0, ao abeiro do Programa I da Orde do 15 de decembro de 2017 pola que se establecen las bases reguladoras de axudas á promoción do emprego autónomo e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 e da repartición provincial da contía con base no paro rexistrado a 31 de decembro de 2017:

• Provincia da Coruña: correspóndelle unha contía de 7.417.072 euros, polo que a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento de crédito foi a TR341D/2018/2450-1, presentada na sede electrónica o día 30 de setembro de 2018, ás 21.19 horas.

• Provincia de Lugo: correspóndelle unha contía de 1.806.675 euros, polo que a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento de crédito foi a TR341D/2018/547-2, presentada na sede electrónica o día 18 de xuño de 2018, ás 13.05 horas.

• Provincia de Ourense: correspóndelle unha contía de 2.010.112 euros, polo que a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento de crédito foi a TR341D/2018/644-3, presentada na sede electrónica o día 7 de setembro de 2018 ás 13.04 horas.

• Provincia de Pontevedra: correspóndelle unha contía de 7.430.136 euros, polo que a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento de crédito foi a TR341D/2018/2384-5, presentada na sede electrónica o día 1 de outubro de 2018, ás 12.02 horas.

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2019

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego