Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Venres, 8 de febreiro de 2019 Páx. 8215

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 28 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas aos plans de reestruturación e reconversión da viña en Galicia e se convocan para o ano 2019.

No marco da reforma da política agrícola común (PAC) ditouse unha nova organización común do mercado, en virtude do Regulamento (UE) nº 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, polo que se crea a organización común de mercados dos produtos agrarios e polo que se derrogan os regulamentos (CEE) nº 922/72, (CEE) nº 234/79, (CE) nº 1037/2001 e (CE) nº 1234/2007 (OCM única), con relación ao sector vitivinícola, prevé medidas de apoio elixibles dentro dun único programa nacional pero cuxo proxecto, de carácter quinquenal, poderá ter en conta as peculiaridades territoriais.

No ámbito estatal, na actualidade, o conxunto destas novas medidas inclúese no Real decreto 1363/2018, do 2 de novembro, para a aplicación das medidas do programa de apoio 2019-2023 ao sector vitivinícola español.

Neste contexto, a reestruturación e reconversión de viñas mediante plans é unha das medidas admisibles do dito programa de apoio ao sector vitivinícola, que en Galicia son obxecto de financiamento da Unión Europea, a través do Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga).

En síntese, estas axudas aos plans de reestruturación e reconversión de viñas son unha continuación de anteriores programas de apoio que, dado os seus positivos efectos estruturais en Galicia, se deben manter e, pola súa vez, priorizar fixando os obxectivos estratéxicos para satisfacer as necesidades peculiares do sector vitivinícola galego.

Ademais, desde o 1 de xaneiro de 2016 e ata 2030, no ámbito da Unión Europea é directamente aplicable un novo réxime de autorización para plantación de viñas de vinificación, en substitución do anterior réxime transitorio de dereitos de plantación, que ten a súa transposición no Real decreto 1338/2018, do 29 de outubro, polo que se regula o potencial de produción vitícola.

En consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, e no uso das facultades que me confire a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como no uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

CAPÍTULO I

Disposicións xerais

Artigo 1. Obxecto e finalidade

1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras das axudas aos plans de reestruturación e reconversión da viña en Galicia (procedemento MR446A) e realizar a súa convocatoria para o ano 2019, en réxime de concorrencia competitiva, conforme os requisitos e condicións establecidos para esta medida nas disposicións xerais do ámbito comunitario, estatal e autonómico e, en particular, no Real decreto 1363/2018, do 2 de novembro, para a aplicación das medidas do programa de apoio 2019-2023 ao sector vitivinícola español.

2. O apoio para esta medida aplicarase ás viñas da Comunidade Autónoma de Galicia destinadas á produción de uva para vinificación, cuxas persoas viticultoras non contradigan a normativa vixente en materia de plantacións de vide para calquera das superficies de viña da súa explotación.

Artigo 2. Definicións

Os termos utilizados nesta orde coinciden cos establecidos na normativa comunitaria vixente e na lexislación básica estatal. Así mesmo, para os efectos da aplicación desta orde entenderase por:

a) Explotación: todas as unidades utilizadas para actividades agrícolas administradas por unha persoa agricultora e situadas no territorio español, de acordo coa definición da letra b) do número 1 do artigo 4 do Regulamento (UE) nº 1307/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, polo que se establecen normas aplicables aos pagamentos directos ás persoas agricultoras en virtude de réximes de axudas incluídos no marco da política agraria común e polo que se derrogan os regulamentos (CE) nº 637/2008 e (CE) nº 73/2009 do Consello.

b) Viticultor: a persoa física ou xurídica, ou agrupación de persoas físicas ou xurídicas, con independencia da forma xurídica da agrupación ou dos seus membros, que cultive a superficie plantada de viñedo, tendo á súa disposición a superficie en cuestión en propiedade, ou en réxime de arrendamento ou parzaría, ou calquera outra forma conforme dereito que poida demostrar mediante documento liquidado dos correspondentes tributos. Tamén se aplicará esta definición á persoa física ou xurídica xa inscrita no Rexistro Vitícola como viticultor dunha superficie plantada de viña en 31 de xullo de 2017.

c) Futuro viticultor: persoa física ou xurídica, ou agrupación de persoas físicas ou xurídicas, con independencia da forma xurídica da agrupación ou dos seus membros, como as comunidades de bens ou as explotacións de titularidade compartida, que sexa titular dunha resolución de arrinca, autorización de replantación, dereito de replantación ou autorización por conversión de dereitos inscritos ao seu nome no Rexistro Vitícola, e que non sexa viticultor segundo a definición anterior.

d) Agricultor mozo: a persoa que no momento de presentar a solicitude da axuda teña feitos os dezaoito anos e non teña os corenta e un anos, e sexa titular dunha explotación agraria, de xeito individual, como cotitular ou como socio.

e) Agricultor profesional: a persoa física que, sendo titular dunha explotación agraria, obteña polo menos o 50 por cento da súa renda total de actividades agrarias ou outras actividades complementarias, sempre e cando a parte de renda procedente directamente da actividade agraria non sexa inferior ao 25 por cento da súa renda total e o volume de emprego dedicado a actividades agrarias ou complementarias sexa igual ou superior á metade dunha unidade de traballo agrario.

f) Arrinca: a eliminación total de todas as cepas que se atopen nunha superficie plantada de vide. Esta arrinca inclúe a eliminación tanto do portaenxerto como da parte aérea da planta.

g) Campaña vitícola: campaña que comeza o 1 de agosto de cada ano e remata o 31 de xullo do ano seguinte.

h) Acción: aquelas actuacións especificadas no anexo VI como subvencionables, conforme o artigo 9 desta orde.

i) Operación: conxunto de accións tendentes a conseguir a reestruturación e reconversión dunha superficie de viña determinada e incluídas na solicitude destas axudas dun viticultor.

j) Operación anual: conxunto de accións para a reestruturación e/ou reconversión que finalizarán no exercicio financeiro seguinte a aquel en que se solicita a axuda.

k) Operación bianual: conxunto de accións para a reestruturación e/ou reconversión que finalizarán nos dous exercicios financeiros seguintes a aquel en que se solicita a axuda.

l) Parcela de viña: superficie continua de terreo na cal un só viticultor cultiva a vide, formada por un conxunto de recintos cunha ou varias referencias alfanuméricas, representada graficamente no Sistema de información xeográfica de parcelas agrícolas (Sixpac).

m) Propietario: a persoa física ou xurídica ou agrupación de persoas físicas ou xurídicas, con independencia da forma xurídica da agrupación ou dos seus membros, ou ente sen personalidade xurídica, que ten o dereito real de propiedade sobre a parcela onde se atopa a viña.

n) Sobreenxerto: o enxerto efectuado sobre unha vide xa enxertada con anterioridade.

o) Titular de arrinca: a persoa viticultora a cuxo nome se emite a resolución de arrinca.

p) Titular de autorización: a persoa que ten inscrita a autorización ao seu nome no Rexistro Vitícola.

q) Titular do dereito de plantación: a persoa que ten inscrito o dereito de plantación ao seu nome no Rexistro Vitícola antes do 31 de decembro de 2015.

r) Variedade de portaenxerto: variedade de vide cultivada para a produción de material vexetativo de vide e da que se obteña a parte subterránea da planta, tamén denominada barbado ou patrón.

s) Variedade de uva de vinificación: variedade de vide cultivada, de forma habitual, para a produción de uva destinada á elaboración de viños de consumo humano.

CAPÍTULO II

Bases reguladoras

Artigo 3. Persoas beneficiarias

1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas viticultoras inscritas no Rexistro Vitícola de Galicia (RVG) cuxas viñas se destinen á produción de uva para vinificación. Así mesmo, no marco do Programa nacional de apoio ao sector vitivinícola 2019-2023 (PASVE 2019-2023) poderán acollerse a estas axudas os futuros viticultores definidos no artigo 2.c) desta orde.

2. Non poderán ser beneficiarias:

a) Aquelas persoas viticultoras que contraveñan a normativa vixente en materia de plantacións de viña, para calquera das superficies de viña da súa explotación.

b) Aquelas persoas viticultoras que solicitasen axuda, no marco do PASVE 2019-2023, para realizar unha operación de reestruturación e reconversión da viña e, logo de aprobada, renuncien á súa execución ou non a fagan no exercicio indicado na solicitude aprobada, salvo causas de forza maior e circunstancias excepcionais que poden recoñecerse conforme os casos previstos no punto 2 do artigo 2 do Regulamento (UE) nº 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro.

Artigo 4. Requisitos das persoas beneficiarias

Os requisitos que deberán cumprir as persoas beneficiarias son:

1. Só poderán figurar nun único plan, agás que a reestruturación e/ou reconversión se leve a cabo en distintas provincias.

2. Deberán ter presentada a declaración de colleita de uva da campaña anterior, agás que non tivesen a obriga de presentala.

3. Ter inscritas ao seu nome no RVG as parcelas de viña e/ou as resolucións de arrinca, autorizacións de replantación, dereitos de replantación e/ou autorizacións de plantación por conversión de dereitos que se van incluír nos plans ou, na súa falta, antes do remate do prazo de solicitude destas axudas, presentar as correspondentes solicitudes para a concesión de autorización de plantación por conversión e/ou de replantación, e sempre antes da caducidade das ditas autorizacións que se vaian incluír nestes plans.

4. Cumprir cos requisitos establecidos nos artigos 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

5. Cumprir a normativa nesta materia e, en particular, o novo réxime de plantacións de viña, conforme ao Real decreto 1338/2018, do 29 de outubro.

6. As comunidades de bens ou sociedades civís deberán cumprir as exixencias previstas para estas agrupacións no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, polo que deberán facer constar expresamente os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como a porcentaxe da subvención que se vai aplicar por cada un deles (anexo I), que terán igualmente a consideración de beneficiarios. Tamén deberán nomear un representante ou apoderado único con poder suficiente para cumprir as obrigas que como beneficiario correspondan á agrupación. Así mesmo, deberán acreditar a existencia dun pacto de indivisión da comunidade por un período mínimo de, polo menos, dez campañas contadas desde a campaña seguinte a aquela en que solicite o pagamento final.

Artigo 5. Plans de reestruturación e reconversión da viña

1. O réxime de axudas á reestruturación e á reconversión de viñas levarase a cabo a través de plans de reestruturación e reconversión, nos cales figurarán as operacións solicitadas.

2. Os plans poderán conter operacións anuais ou bianuais, con ou sen anticipo.

3. Os plans de reestruturación e reconversión poderán ser de dous tipos:

a) Colectivos, constituídos por un mínimo de 5 persoas viticultoras.

b) Individuais.

4. Os plans colectivos executaranse no marco dun acordo subscrito entre todas as persoas viticultoras participantes. Este acordo incluirá a designación dun representante do plan. Así mesmo, no dito acordo recollerase o compromiso das persoas viticultoras de dispoñer dun técnico agrario (con titulación de enxeñeiro agrónomo, enxeñeiro técnico agrícola ou grao en enxeñería agrícola e do medio rural). O representante do plan poderá exercer como técnico sempre que reúna a titulación exixida.

Artigo 6. Condicións dos plans de reestruturación e reconversión da viña

Para poder acceder a estas axudas, cumpriranse as seguintes condicións:

1. A superficie total reestruturada e/ou reconvertida no marco dun plan será de, polo menos dunha hectárea (1 ha) para os plans colectivos e 0,2 ha para os plans individuais.

2. O ámbito territorial dos plans non será superior ao dunha provincia, agás que se faga en terreos dunha denominación de orixe ou indicación xeográfica protexidas (DOP/IXP) e que a súa zona de produción comprenda máis dunha provincia.

3. A parcela de viña, unha vez reestruturada ou reconvertida, será polo menos de 100 m2. Malia o anterior, nos casos en que a medida se limite a accións de reenxerta e/ou cambio de sistema de condución, a superficie mínima será aquela con que a parcela figura no Rexistro Vitícola de Galicia.

4. A superficie máxima elixible será de 10 hectáreas por persoa viticultora.

Artigo 7. Forma e lugar de presentación das solicitudes

1. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo I) co código do procedemento MR446A, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

2. A presentación electrónica será obrigatoria para as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica e as persoas representantes dunha das anteriores.

3. Se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, requerirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.

4. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

5. Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

6. Nas ditas solicitudes indicarase o tipo de operación que se realizará, anual ou bianual, se solicita anticipo para algunha destas dúas anualidades, así como o detalle das accións subvencionables entre outra información, de obrigado cumprimento con suxeición estrita ao seu calendario de execución, nos termos previstos nesta orde.

Artigo 8. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 9. Investimentos subvencionables

1. O apoio á reestruturación e reconversión de viñedos só poderá concederse para unha ou varias das actividades seguintes:

a) A reimplantación de viñas.

b) A reconversión varietal.

c) A mellora das técnicas de xestión de viñas.

As accións de reestruturación e reconversión elixibles, as súas características e os seus baremos estándar de custos unitarios recóllense no anexo VI desta orde.

2. Non se subvencionará:

a) As accións de forma illada, a excepción da sobreenxerta, ou do cambio de vaso a espaller ou a outro sistema de condución.

b) A renovación normal das viñas que chegasen ao final do seu ciclo natural, entendida como a replantación dunha mesma parcela de terra coa mesma variedade de uva de vinificación e segundo o mesmo método de cultivo.

c) As operacións de xestión diaria dun viñedo.

d) A protección contra danos ocasionados pola caza maior, aves ou saraiba.

e) Construcións de cortaventos e muros de protección contra o vento.

f) Vías de acceso e elevadores.

g) Adquisición de vehículos agrícolas.

h) As accións realizadas con material de segunda man.

i) As novas plantacións de viña concedidas en virtude dos artigos 63 e 64 do Regulamento (UE) nº 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro.

j) As arrincas naquelas superficies onde se empreguen autorizacións de plantación concedidas en virtude dos artigos 66 e 68 do Regulamento (UE) nº 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, non xeradas pola arrinca efectuada na aplicación do plan de reestruturación e con anterioridade á solicitude do plan.

k) O imposto do valor engadido (IVE).

Artigo 10. Comezo da subvencionabilidade

Serán subvencionables as accións realizadas con posterioridade á presentación da solicitude da axuda en tempo e forma tras a correspondente convocatoria pública, tendo en conta que a simple presentación da solicitude en ningún modo garante a súa aprobación.

Non se aprobarán aquelas solicitudes que na data da inspección inicial a que fai referencia o parágrafo seguinte xa tivesen realizada nalgunha das parcelas unha plantación sen autorización da autoridade competente. Tampouco se subvencionarán aquelas accións que na data da inspección inicial estivesen executadas ou dese comezo a súa execución.

A Consellería do Medio Rural efectuará, con anterioridade á concesión das axudas, unha inspección inicial sobre o terreo dos datos incluídos na solicitude e determinará, en función das características da parcela, a necesidade das accións de retirada de pedras, cambio de sistema de condución, socalcamento e/ou a de nivelación do terreo se estas accións están incluídas no expediente.

Artigo 11. Tramitación e resolución das axudas

1. Cada xefatura territorial da Consellería do Medio Rural instruirá os expedientes correspondentes ao seu ámbito xeográfico, realizando de oficio cantas actuacións considere necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos cales informará o órgano colexiado da admisibilidade dos expedientes.

Se a solicitude de axuda non reúne os requisitos previstos, ou non se presenta cos documentos preceptivos, requirirase para que, no prazo de dez días, emende a falta ou xunte os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fai, se considerará que desiste da súa petición, logo da correspondente resolución, de conformidade co disposto nos artigos 68.1 e 21.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

2. Verificado o cumprimento dos requisitos para a concesión da axuda, o órgano colexiado aplicará os criterios de prioridade para que a persoa titular da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias formule a proposta de resolución. Este órgano estará presidido polo subdirector xeral de Explotacións Agrarias, e integrado por tres funcionarios desa mesma subdirección xeral con categoría non inferior a xefe de negociado, un dos cales actuará como secretario.

3. A persoa titular desta consellería ou en quen delegue, vista a proposta, ditará a correspondente resolución de concesión da subvención e o seu importe previsto, segundo as normas e criterios establecidos nesta orde, no prazo de 5 meses contados a partir da data de remate do prazo de solicitude. Transcorrido o dito prazo sen que se ditase e notificase a correspondente resolución, o interesado poderá entender desestimada a súa solicitude.

4. De conformidade co artigo 33.3 do Real decreto 1363/2018, do 2 de novembro, unha vez coñecidas as dispoñibilidades financeiras para a reestruturación e reconversión de viñas, acordadas pola Conferencia Sectorial de Agricultura e Desenvolvemento Rural, o orzamento distribuirase da seguinte forma:

a) En primeiro lugar, detraeranse do montante asignado os fondos necesarios para atender os pagamentos pendentes do exercicio en curso ou exercicios anteriores que teñan que efectuarse no exercicio Feaga seguinte.

b) Os fondos restantes constituirán o orzamento dispoñible para aprobar as operacións das novas solicitudes cuxos pagamentos deban executarse no exercicio Feaga seguinte.

Determinado o orzamento dispoñible para as novas solicitudes anuais, poderanse aprobar solicitudes novas de operacións bianuais. En calquera caso, na aprobación definitiva destas operacións bianuais non se poderá comprometer un importe que supoña máis do 50 % da asignación recibida para o exercicio Feaga, todo iso de conformidade co artigo 34.4 do Real decreto 1363/2018, do 2 de novembro.

Só se emitirá resolución aprobatoria sobre aqueles plans para os cales existan fondos suficientes e ordenados, de ser o caso, conforme os criterios do artigo 26 desta orde.

Artigo 12. Notificacións

1. As notificacións de resolucións (excepto as de concesión ou denegación, que se publicarán nos termos do artigo 20) e actos administrativos practicaranse preferentemente por medios electrónicos e, en todo caso, cando as persoas interesadas resulten obrigadas a recibilas por esta vía. As persoas interesadas que non estean obrigadas a recibir notificacións electrónicas poderán decidir e comunicar en calquera momento que as notificacións sucesivas se practiquen ou deixen de practicar por medios electrónicos.

2. As notificacións electrónicas realizaranse mediante o Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación efectuada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. A persoa interesada deberá manifestar expresamente a modalidade escollida para a notificación (electrónica ou en papel). No caso de persoas interesadas obrigadas a recibir notificacións só por medios electrónicos, deberán optar en todo caso pola notificación por medios electrónicos, sen que sexa válida, nin produza efectos no procedemento, unha opción diferente.

4. As notificacións por medios electrónicos entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido. Cando a notificación por medios electrónicos sexa de carácter obrigatorio, ou fose expresamente elixida pola persoa interesada, entenderase rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non fose posible por problemas técnicos, a Administración xeral e do sector público autonómico practicará a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 13. Modificación da resolución de concesión

1. Toda alteración das condicións iniciais para a concesión das axudas previstas nesta orde e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

2. A solicitude de modificación presentarase como moi tarde, 4 meses antes de que remate o prazo de execución, e deberá estar debidamente xustificada, non comprometer o obxectivo global da operación, non incrementar o importe da axuda inicialmente concedida, non supor cambios na admisibilidade e non modificar a puntuación obtida tras a aplicación dos criterios de prioridade se isto supón quedar por debaixo da puntuación de corte entre as solicitudes aprobadas e non aprobadas.

A autorización destes cambios pola persoa titular Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, por delegación do conselleiro do Medio Rural, será anterior á súa execución e, nos casos en que sexa necesario, irá precedida da correspondente certificación de non inicio. O prazo para resolver estes cambios será dun mes. Se transcorrido o prazo para ditar a correspondente autorización esta non se producise, o beneficiario entenderá denegada a súa petición de cambio de investimento.

3. No caso de operacións anuais, poderase solicitar a modificación do calendario de execución, pero aplicarase a redución da axuda segundo o establecido no artigo 17.

4. Malia o disposto no número anterior, calquera modificación dos investimentos aprobados que supoña un cambio de accións ou conceptos, así como de calquera condición específica sinalada na resolución de concesión, requirirá a autorización desta consellería.

O cambio da variedade aprobada por outra recomendada na Comunidade Autónoma de Galicia ou o cambio do portaenxerto aprobado por outro que tamén sexa certificado non requirirá autorización. Estas modificacións serán comunicadas polo beneficiario xunto coa solicitude de pagamento da axuda.

5. Para que se autorice a unha nova persoa viticultora a subrogación dos dereitos e obrigas derivados da axuda concedida, esta nova persoa deberá cumprir os requisitos exixidos para ser beneficiaria das axudas e asumir os compromisos adquiridos pola anterior viticultora a que se lle concedeu a axuda.

6. Para a modificación da resolución teranse en conta as condicións recollidas polo artigo 35 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

7. A consellería poderá rectificar de oficio a resolución cando dos elementos que figuren nela se deduza a existencia dun erro material, de feito ou aritmético.

Artigo 14. Recursos fronte ás resolucións de subvención

As resolucións de subvención ditadas ao abeiro desta orde, así como a desestimación presunta de solicitudes, poñerán fin á vía administrativa e contra elas poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que as entidades interesadas poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que ditou a resolución, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa, ou en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que venza o prazo para resolver previsto no artigo 11.

b) Recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa.

Artigo 15. Incompatibilidade das axudas

1. Estas axudas son incompatibles con calquera outra axuda.

2. As persoas solicitantes das axudas previstas nesta orde xuntarán, coa solicitude inicial, unha declaración do conxunto de todas as solicitudes de axuda efectuadas ou concedidas para o mesmo proxecto polas distintas administracións públicas.

3. Así mesmo, coa xustificación da execución total do proxecto e, en todo caso, antes do pagamento final, presentarán unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto das aprobadas ou concedidas como das pendentes de resolución, para o mesmo proxecto, das distintas administracións públicas competentes ou de calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

Artigo 16. Reintegro da axuda

1. Procederá o reintegro total ou parcial do importe da axuda máis os xuros de demora correspondentes no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión e, en todo caso, nos supostos previstos na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009 que a desenvolve, tendo en conta as excepcións contidas.

2. Procederá o reintegro total nas seguintes circunstancias:

a) Obtención da subvención falseando as condicións requiridas para iso ou ocultando aquelas que o impedirían.

b) Incumprimento total ou parcial do obxectivo, da actividade ou do proxecto ou non adopción do comportamento que fundamenta a concesión da subvención.

c) Incumprimento da obriga de xustificación ou a xustificación insuficiente dos gastos xustificativos dos investimentos subvencionados.

d) Incumprimento da obriga de adoptar as medidas de difusión contidas na lei.

e) Resistencia, escusa, obstrución ou negativa ás actuacións de comprobación e control financeiro, así como o incumprimento das obrigas contables, rexistrais ou de conservación de documentos cando diso derive a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o cumprimento do obxectivo, a realidade e regularidade das actividades subvencionadas, ou a concorrencia de subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, estatal, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

f) Incumprimento das obrigas impostas aos beneficiarios, así como dos compromisos por estes asumidos, con motivo da concesión da subvención, sempre que afecten ou se refiran ao modo en que se conseguen os obxectivos, se realiza a actividade, se executa o proxecto ou se adopta o comportamento que fundamenta a concesión da subvención.

g) Incumprimento das obrigas impostas aos beneficiarios, así como dos compromisos por estes asumidos, con motivo da concesión da subvención, distintos dos anteriores, cando diso derive a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o cumprimento do obxectivo, a realidade e regularidade das actividades subvencionadas ou a concorrencia de subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, estatal, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

h) O beneficiario que incumpra a obriga de manter en cultivo as superficies acollidas a estas axudas un período mínimo de dez campañas contado desde a campaña seguinte a aquela en que solicitou o pagamento final, deberá devolver a axuda percibida máis os xuros legais devindicados desde a data do pagamento, salvo causa de forza maior ou circunstancias excepcionais, ou nos casos de expropiacións.

3. No caso de que o beneficiario percibise un anticipo superior á axuda definitiva, deberá reembolsar a diferenza.

4. Non procederá o reintegro das axudas percibidas cando o incumprimento dalgún dos requisitos exixidos ao beneficiario sexa debido a algunha das seguintes causas de forza maior:

a) Falecemento do beneficiario.

b) Incapacidade laboral de longa duración do beneficiario.

c) Catástrofe natural grave que afecte considerablemente a explotación.

d) Enfermidade vexetal que afecte unha parte ou a totalidade dos cultivos do beneficiario.

e) Expropiación da totalidade ou dunha parte importante da explotación, se esta expropiación non era previsible o día en que presentou a solicitude.

5. Tampouco se producirá o reintegro cando, durante o período de compromiso contraído como condición para a concesión dunha axuda, se produza un cambio de titularidade da explotación, e o novo viticultor asuma os compromisos e obrigas, durante a parte restante do devandito período. De non asumirse o compromiso, a persoa beneficiaria estará obrigada a reembolsar as axudas percibidas.

Artigo 17. Controis, reducións, exclusións e sancións

1. Antes do pagamento das axudas, as persoas beneficiarias deberán acreditar de novo a xustificación de estaren ao día nas súas obrigas fiscais e coa Seguridade Social e de que non teñen ningunha débeda pendente de pagamento coa Administración da Comunidade Autónoma.

2. Se o viticultor non executa a operación na superficie total para a cal se lle aprobou a axuda, terase en conta a diferenza entre a superficie aprobada e a superficie realmente executada determinada polos controis sobre o terreo. Se esta diferenza non supera o 20 %, calcularase sobre a base da superficie determinada polos controis sobre o terreo. Se a diferenza é superior ao 20 %, pero igual ou inferior ao 50 %, calcularase sobre a base da superficie determinada polos controis sobre o terreo e reducida no dobre da diferenza comprobada. Porén, non terá dereito á axuda no caso de que esta diferenza de superficie supere o 50 %.

3. No caso de que o solicitante presente a solicitude do anticipo fóra do prazo correspondente, a axuda que lle corresponda reducirase nun 20 %, salvo causas de forza maior recollidas no artigo anterior.

4. No caso de que o solicitante presente a solicitude de pago fóra do prazo correspondente, a axuda que lle corresponda reducirase nun 20 %, salvo causas de forza maior recollidas no artigo anterior.

5. Sen prexuízo do establecido no parágrafo anterior, aos beneficiarios destas axudas seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no título IV da Lei xeral de subvencións e nos artigos 50 a 68 da Lei 9/2007, do 13 de xuño (DOG nº 121, do 25 de xuño), de subvencións de Galicia.

6. Se se constatar que unha persoa beneficiaria, en calquera momento ao longo de tres anos, a partir do 1 de xaneiro do ano seguinte ao ano natural en que se producira o primeiro pagamento da axuda en virtude da presente orde, non respectou na súa explotación os requisitos legais de xestión e as boas condicións agrarias e ambientais a que se refiren os artigos 91, 92, 93, 94 e 95 do Regulamento (UE) nº 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, e este incumprimento se debe a unha acción ou omisión imputable directamente ao beneficiario, o importe da axuda reducirase ou cancelarase, parcial ou totalmente, dependendo da gravidade, alcance, persistencia e repetición do incumprimento, e o beneficiario deberá reintegralo, se procede. Para os efectos deste control de condicionalidade, deberase dispoñer de información actualizada sobre as referencias alfanuméricas Sixpac de todas as parcelas que forman parte da explotación da persoa beneficiaria.

Artigo 18. Obriga de facilitar información

Ademais da documentación complementaria que durante a tramitación do procedemento lles poidan exixir os órganos competentes da Consellería do Medio Rural, os beneficiarios das axudas teñen a obriga de facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas e polo Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas públicas, así como a que lles sexa solicitada por calquera órgano de inspección ou control do Estado ou da Unión Europea.

Artigo 19. Transparencia e bo goberno

1. De conformidade co artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a consellería responsable da iniciativa publicará na súa páxina web oficial a relación das persoas beneficiarias e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, puideren impoñerse nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquelas das obrigas previstas no título I da citada lei.

3. Por outra parte, de conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitirase á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 20. Publicación dos actos

Publicaranse no Diario Oficial de Galicia (DOG), de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as resolucións de concesión ou denegación da axuda. Esta publicación producirá os efectos das notificacións, sen prexuízo do disposto no artigo 12.

Así mesmo, serán igualmente obxecto de publicidade a través da páxina web da Consellería do Medio Rural, http://mediorural.xunta.gal.

Artigo 21. Medición das superficies reestruturadas e/ou reconvertidas

Para a determinación da axuda a que ten dereito a persoa viticultora pola reestruturación e/ou reconversión dunha superficie de viña e, de ser o caso, pola arrinca dunha superficie de viña dentro do plan e a compensación por perda de renda derivada desta, atenderase ao disposto no artigo 37.10 do Real decreto 1363/2018, do 2 de novembro, que establece que unha superficie plantada de viña se define mediante o perímetro externo das cepas máis unha marxe cuxa largura corresponda á metade da distancia entre as filas.

CAPÍTULO III

Convocatoria

Artigo 22. Convocatoria

Convócanse, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas aos plans de reestruturación e reconversión da viña en Galicia (procedemento MR446A) para a súa execución anual ou bianual, de acordo coas bases reguladoras establecidas no capítulo II desta orde.

Artigo 23. Prazo de presentación das solicitudes de axuda

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que se contará desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes.

Artigo 24. Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

a) Acreditación da persoa representante, de ser o caso.

b) Anexo II: datos do plan colectivo, de ser o caso.

c) Anexo III: acordo subscrito entre as persoas viticultoras integrantes do plan, só para os plans colectivos.

d) Documentación xustificativa da propiedade ou disposición por calquera réxime de tenza da parcela onde se vai reestruturar e/ou reconverter a viña.

e) Anexo IV: relación Sixpac das parcelas agrícolas que integran a explotación.

f) Cartografía vixente cos datos identificativos dos recintos Sixpac incluídos na solicitude, tanto dos iniciais, se se incorpora ao plan coa viña sobre o terreo, como dos finais onde vai situarse a parcela reestruturada, cando esta non coincida coa inicial ou cando achega ao plan autorizacións de replantación e/ou de plantación de viña por conversión de dereitos de plantación.

g) Informe de vida laboral, no caso de cumprir co criterio do artigo 26.d).

h) Para aquelas solicitudes cuxo peticionario sexa unha comunidade de bens ou unha sociedade civil, pacto de indivisión de, polo menos, dez campañas contadas desde a campaña seguinte a aquela en que solicitou o pagamento final.

i) As comunidades de bens deberán acreditar a súa constitución mediante a presentación dos estatutos e acta de constitución e deberán acreditar os requisitos dos seus comuneiros mediante a presentación de toda a documentación especificada para este tipo de entidades.

2. Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

3. A documentación complementaria deberá presentarse preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

5. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

6. Non serán admitidas a trámite as solicitudes que se presenten fóra do prazo establecido nesta convocatoria e resolverase a súa inadmisión, que deberá ser notificada aos interesados nos termos previstos no artigo 40 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Artigo 25. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) DNI/NIE da persoa solicitante.

b) DNI/NIE da persoa representante (se fose o caso).

c) NIF da entidade solicitante.

d) Certificado da renda (IRPF).

e) Datos catastrais das parcelas.

f) Certificación descritiva e gráfica das parcelas.

g) Estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa AEAT.

h) Estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

i) Estar ao día no pagamento coa Atriga.

j) Comunicación ou autorización de cambio de actividade forestal a agrícola.

k) Informe do xefe do servizo territorial correspondente da consellería competente en materia de agricultura responsable dos traballos de concentración parcelaria, acerca de que a operación de que se trate non supón ningún prexuízo para o proceso.

l) Concesións de subvencións e axudas.

m) Inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

n) DNI/NIE da persoa técnica do plan colectivo (se for o caso).

o) Título oficial universitario da persoa técnica do plan colectivo.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio, no anexo I ou no anexo II de ser o caso, e achegar os documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 26. Criterios de prioridade

1. Establécense os seguintes criterios de prioridade, obxectivos e non discriminatorios, adicionais aos establecidos a nivel nacional, con base na estratexia xeral desta medida e nos obxectivos estratéxicos fixados pola Comunidade Autónoma de Galicia:

a) Superficie reestruturada de viña baixo o ámbito dunha denominación de orixe ou indicación xeográfica protexida (DOP/IXP) maior do 50 % da superficie pola cal se solicita axuda: 5 puntos.

b) Viticultor con seguro agrícola para a uva de vinificación contratado: 4 puntos.

c) Agricultor mozo: 3 puntos.

d) Agricultores profesionais. No caso de persoa xurídica, polo menos o 50 % de socios deberá ter esta consideración: 3 puntos.

e) Presentación dun plan colectivo: 2 puntos.

f) Viticultor que, como resultado da reestruturación, realiza un proceso de concentración de superficie nunha única parcela: 2 puntos.

g) Mulleres viticultoras. No caso de persoa xurídica, polo menos o 50 % de socios mulleres: 1 punto.

h) Explotación inscrita na sección de explotacións agrarias prioritarias do Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia: 1 punto.

i) Explotacións de titularidade compartida: 1 punto.

2. No caso de empate a puntos, priorizaranse segundo a orde indicada no punto anterior.

3. A aplicación dos criterios de prioridade realizarase tendo en conta o momento de finalización do prazo de presentación da solicitude de axuda.

Artigo 27. Contía económica das axudas

As axudas poderán ser de:

a) Compensación por perda de ingresos: o importe da compensación por perda de renda que se aplicará a todas as solicitudes que cumpran os requisitos establecidos nesta orde, é de 1.912,50 €/ha e campaña. Concederase durante dúas campañas. Non terán dereito á compensación por perda de ingresos aquelas superficies reestruturadas coa achega dunha autorización de plantación non xerada na aplicación do plan de reestruturación, nin cando procedan dunha arrinca efectuada con anterioridade á solicitude da axuda do plan.

Cando a operación que se leve a cabo sobre unha parcela de viña sexa a sobreenxerta ou o cambio de sistema de condución, concederase a compensación por perda de ingresos para esa superficie por unha soa campaña.

b) Custos de reestruturación e reconversión da viña: o 50 % do importe establecido como baremo estándar de custos unitarios indicados no anexo VI.

Artigo 28. Prazo de execución e xustificación

1. O prazo de execución e xustificación destas axudas será:

a) Para os plans con operacións anuais, o prazo límite de execución e xustificación remata o 31 de maio de 2020, inclusive.

b) Para os plans con operacións bianuais, o prazo de execución remata o 31 de maio de 2021, inclusive. Establécese o período entre o 16 de outubro de 2020 e o 31 de maio de 2021 como prazo para solicitar o pagamento das operacións bianuais.

c) O prazo para solicitar un anticipo será de un mes desde a concesión da axuda.

2. Transcorrido o prazo establecido de xustificación sen se ter presentado a solicitude de pago, requirirase o beneficiario para que a presente no prazo improrrogable de dez días. A falta de presentación da solicitude no prazo establecido neste parágrafo comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro das cantidades percibidas e poderá supor a apertura dun expediente sancionador segundo se establece na Lei de subvencións de Galicia. A presentación da xustificación no prazo adicional establecido neste parágrafo non eximirá o beneficiario das sancións que, conforme a lei, correspondan.

Artigo 29. Xustificación e pagamento da axuda

1. Só serán subvencionables os investimentos que se realicen con posterioridade á data de inspección inicial e ata a data límite de realización dos investimentos, sempre e cando se dite resolución aprobatoria da axuda sobre os ditos investimentos.

2. Unha vez realizados os investimentos e, de ser o caso, adquiridos os compromisos, as persoas interesadas deberán comunicalo. Esta comunicación terá a consideración de solicitude de pagamento, e irá acompañada da seguinte documentación:

a) Declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto das aprobadas ou concedidas como das pendentes de resolución, para o mesmo proxecto, das distintas administracións públicas competentes ou de calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

b) No caso de material vexetal, acreditación do emprego de material vexetal certificado mediante a etiqueta correspondente ou certificado emitido por unha empresa autorizada.

c) No caso de desinfección, copia da ficha dos tratamentos fitosanitarios da explotación en que figure rexistrada esta aplicación.

3. Ademais, para solicitar o pagamento as persoas beneficiaria deberán contar coas autorizacións administrativas requiridas.

4. O pagamento da axuda realizarase en función da superficie ou das unidades certificadas polo persoal da Consellería do Medio Rural encargado de realizar a comprobación dos investimentos executados.

Artigo 30. Anticipo

As persoas viticultoras ás cales o investimento lles exixa pagamentos inmediatos poderán solicitar un anticipo máximo do 80 % da axuda aprobada cando constitúan unha garantía por un importe polo menos igual ao importe do anticipo.

Unha vez executada a operación relacionada co anticipo, achegará a correspondente declaración de gastos (anexo V).

Artigo 31. Financiamento

1. O financiamento das axudas recollidas na presente orde procede do Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga) e efectuarase con cargo á aplicación orzamentaria dos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia 14.03.713C 772.1, cun importe de douscentos trinta mil euros (230.000 €) para o ano 2019, de seiscentos trinta mil euros (630.000 €) para o ano 2020, e de cincocentos corenta mil euros (540.000 €) para o ano 2021. En total, un millón catrocentos mil euros (1.400.000 €).

2. Esta aplicación orzamentaria poderase incrementar, segundo se establece no artigo 31 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no caso de xerar, ampliar ou incorporar crédito, ou coa existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito incluído no mesmo programa.

3. A concesión de pagamento destas axudas realizarase con cargo ao crédito asignado para tales efectos na Conferencia Sectorial de Agricultura e Desenvolvemento Rural.

4. Esta orde tramítase conforme o establecido na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 11 de febreiro de 1998, sobre tramitación anticipada de expedientes de gasto, modificada pola Orde do 27 de novembro de 2000 e pola Orde do 25 de outubro de 2001, polo que queda condicionada á aprobación da Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019.

Disposición adicional primeira. Réxime xurídico

En todas aquelas cuestións non previstas nesta orde será de aplicación o disposto na normativa da organización común dos mercados (OCM única) con relación co sector vitivinícola e nas súas modificacións posteriores, da Unión, básica estatal e autonómica, así como na Lei xeral de subvencións e na Lei de subvencións de Galicia, en particular:

– Real decreto 1363/2018, do 2 de novembro, para a aplicación das medidas do programa de apoio 2019-2023 ao sector vitivinícola español.

– Real decreto 1338/2018, do 29 de outubro, polo que se regula o potencial de produción vitícola.

– Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

– Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Disposición adicional segunda. Información básica sobre protección de datos persoais

Os datos persoais obtidos neste procedemento serán tratados na súa condición de responsable pola Xunta de Galicia-Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, coas finalidades de levar a cabo a tramitación administrativa que derive da xestión deste procedemento e a actualización da información e contidos da carpeta cidadá.

O tratamento dos datos baséase no cumprimento dunha misión de interese público ou no exercicio de poderes públicos, conforme a normativa recollida na ficha do procedemento incluída na Guía de procedementos e servizos, no propio formulario anexo e nas referencias recollidas en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos. Con todo, determinados tratamentos poderán fundamentarse no consentimento das persoas interesadas, e reflectirase esta circunstancia no devandito formulario.

Os datos serán comunicados ás administracións públicas no exercicio das súas competencias, cando sexa necesario para a tramitación e resolución dos seus procedementos ou para que os cidadáns poidan acceder de forma integral á información relativa a unha materia.

A fin de darlle a publicidade exixida ao procedemento, os datos identificativos das persoas interesadas serán publicados conforme o descrito na presente norma reguladora a través dos distintos medios de comunicación institucionais de que dispón a Xunta de Galicia como diarios oficiais, páxinas web ou taboleiros de anuncios.

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercer outros dereitos ou retirar o seu consentimento, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou presencialmente nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se explicita na información adicional recollida en https://www.xunta.gal/proteccion-datos-persoais.

Disposición derradeira primeira. Execución

Facúltase a persoa titular da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias para que dite os actos necesarios para a execución da presente orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2018

José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO VI

Baremos estándar de custos unitarios

As accións de reestruturación e reconversión elixibles, as súas características e os seus baremos estándar de custos unitarios son os que se detallan a continuación.

1. Custos unitarios de arrinca e retirada de cepas.

A arrinca é a eliminación total de todas as cepas que se atopen nunha superficie plantada de vide. A acción subvencionada consiste tanto na eliminación do portaenxerto como da parte aérea da planta.

Pendente Sixpac do terreo (%)

Superficie parcela (ha)

Custos unitarios (€/ha)

Arrinca + Retirada

<10

S<0,10

465,44

0,10<S<0,25

445,27

0,25=S<0,5

425,10

0,5=S<1

412,99

1=S<2,5

396,86

S>2,5

376,69

10-20

S<0,10

536,05

0,10<S<0,25

510,97

0,25=S<0,5

485,90

0,5=S<1

470,85

1=S<2,5

450,79

S>2,5

425,72

20-30

S<0,10

657,53

0,10<S<0,25

624,02

0,25=S<0,5

590,51

0,5=S<1

570,40

1=S<2,5

543,59

S>2,5

510,08

>30

-

1.358,84

2. Custos unitarios da preparación do terreo.

Os labores previstos na preparación do terreo refírense a:

– Labra profunda: actúa a unha profundidade de 30-50 cm mediante un subsolador ou arado de vertedeira.

– Emenda calcaria e magnésica: o seu obxectivo é subir o pH da viña ata valores de 6.

– Emenda mineral: ten como obxectivo cubrir as necesidades nutricionais das vides.

– Labra superficial: actúa a unha profundidade de 10 cm mediante o emprego dun chisel, bancada de discos ou cultivador.

Naquelas parcelas con pendente superior ao 30 %, como a acción se realizará de xeito manual, os labores incluídos son a apertura de ocos manual e a aplicación de emendas.

Pendente Sixpac do terreo (%)

Superficie parcela (ha)

Custos unitarios (€/ha)

<10

S<0,10

1.277,69

0,10<S<0,25

1.223,61

0,25=S<0,5

1.169,52

0,5=S<1

1.137,07

1=S<2,5

1.093,81

S>2,5

1.039,73

10-20

S<0,10

1.615,18

0,10<S<0,25

1.537,66

0,25=S<0,5

1.460,14

0,5=S<1

1.413,63

1=S<2,5

1.351,61

S>2,5

1.274,09

21-30

S<0,10

1.736,66

0,10<S<0,25

1.650,70

0,25=S<0,5

1.564,75

0,5=S<1

1.513,18

1=S<2,5

1.444,41

S>2,5

1.358,46

>30

-

2.727,54

3. Custos unitarios da desinfección do terreo.

Aplicación dun produto desinfectante.

A necesidade de realizar unha desinfección do terreo xustificarase achegando unha análise microbiolóxica de solo realizada por un laboratorio recoñecido.

Será obrigatorio comunicar por escrito á oficina agraria comarcal que lle corresponda, con polo menos dez días de antelación, a data e hora en que se realizará esta acción, así como o produto que se vai empregar e a persoa ou empresa que levará a cabo a aplicación, achegando a copia do contrato neste último caso.

Pendente Sixpac do terreo (%)

Superficie parcela (ha)

Custos unitarios (€/ha)

<10

S<0,10

2.470,12

0,10<S<0,25

2.464,21

0,25=S<0,5

2.458,30

0,5=S<1

2.454,75

1=S<2,5

2.450,02

S>2,5

2.444,11

10-20

S<0,10

2.538,77

0,10<S<0,25

2.528,10

0,25=S<0,5

2.517,42

0,5=S<1

2.511,01

1=S<2,5

2.502,47

S>2,5

2.491,79

21-30

S<0,10

2.558,66

0,10<S<0,25

2.546,60

0,25=S<0,5

2.534,54

0,5=S<1

2.527,31

1=S<2,5

2.517,66

S>2,5

2.505,60

>30

-

3.276,44

4. Custos unitarios da retirada de pedras.

Só se considera o labor de retirada de pedras naquelas parcelas en que sexa posible a mecanización, é dicir, con pendentes inferiores ao 30 %. Naqueles terreos con pendentes superiores a este valor, onde os traballos se realizan de forma manual, a retirada de pedras realízase coa preparación do terreo (apertura de ocos); non requiríndose un labor específico.

O persoal técnico da Consellería do Medio Rural que realice a acta de non inicio informará da pertinencia ou non desta acción segundo o estado do terreo.

Pendente Sixpac do terreo (%)

Superficie parcela (ha)

Custos unitarios (€/ha)

<10

S<0,10

468,13

0,10<S<0,25

435,62

0,25=S<0,5

403,11

0,5=S<1

383,61

1=S<2,5

357,60

S>2,5

325,09

10-20

S<0,10

622,12

0,10<S<0,25

578,91

0,25=S<0,5

535,71

0,5=S<1

509,79

1=S<2,5

475,23

S>2,5

432,03

21-30

S<0,10

622,12

0,10<S<0,25

578,91

0,25=S<0,5

535,71

0,5=S<1

509,79

1=S<2,5

475,23

S>2,5

432,03

5. Custos unitarios da nivelación do terreo.

Esta operación ten como obxectivo reducir as irregularidades da superficie da viña, deixando o terreo cunha pendente uniforme e permitindo a mecanización das diferentes operacións de cultivo. A nivelación realizarase unicamente naquelas parcelas que non sexan en socalcos, é dicir, con pendentes inferiores ao 20 %.

Pendente Sixpac do terreo (%)

Superficie parcela (ha)

Custos unitarios (€/ha)

<20

S<0,10

1.124,86

0,10<S<0,25

1.046,75

0,25=S<0,5

968,63

0,5=S<1

921,76

1=S<2,5

859,27

S>2,5

781,15

6. Custes unitarios de socalcamentos no terreo con noiros naturais.

Para establecer o investimento elixible desta acción será necesaria a presentación dunha memoria ou dun proxecto, elaborados por un técnico/a agrario/a (con titulación en enxeñaría agrónoma, enxeñaría técnico agrícola, ou grao en enxeñaría agrícola e do medio rural ou equivalente).

Largo do socalco

Pendente Sixpac do terreo (%)

Superficie parcela (ha)

Custos unitarios (€/ha)

<5 m

20

S<0,10

5.538,92

0,10<S<0,25

5.253,79

0,25=S<0,5

4.968,67

0,5=S<1

4.797,59

1=S<2,5

4.569,50

S>2,5

4.284,37

<5 m

25

S<0,10

6.352,09

0,10<S<0,25

6.035,62

0,25=S<0,5

5.719,16

0,5=S<1

5.529,29

1=S<2,5

5.276,12

S>2,5

4.959,65

30

S<0,10

7.679,50

0,10<S<0,25

7.312,97

0,25=S<0,5

6.946,44

0,5=S<1

6.726,53

1=S<2,5

6.433,30

S>2,5

6.066,77

35

S<0,10

8.222,24

0,10<S<0,25

7.835,84

0,25=S<0,5

7.449,44

0,5=S<1

7.217,60

1=S<2,5

6.908,47

S>2,5

6.522,07

<5 m

40

S<0,10

8.914,59

0,10<S<0,25

8.496,18

0,25=S<0,5

8.077,78

0,5=S<1

7.826,74

1=S<2,5

7.492,01

S>2,5

7.073,61

≥5 m

20

S<0,10

6.439,69

0,10<S<0,25

6.092,02

0,25=S<0,5

5.744,34

0,5=S<1

5.535,73

1=S<2,5

5.257,59

S>2,5

4.909,91

25

S<0,10

7.489,54

0,10<S<0,25

7.094,09

0,25=S<0,5

6.698,64

0,5=S<1

6.461,37

1=S<2,5

6.145,01

S>2,5

5.749,55

≥5 m

30

S<0,10

8.580,22

0,10<S<0,25

8.151,14

0,25=S<0,5

7.722,06

0,5=S<1

7.464,61

1=S<2,5

7.121,35

S>2,5

6.692,27

7. Custos unitarios de socalcamentos no terreo con muros de pedra.

Para establecer o investimento elixible desta acción será necesaria a presentación dunha memoria ou dun proxecto, elaborados por un técnico/a agrario/a (con titulación en enxeñaría agrónoma, enxeñaría técnico agrícola, ou grao en enxeñaría agrícola e do medio rural ou equivalente).

Largo do socalco

Pendente Sixpac do terreo (%)

Superficie parcela (ha)

Custos unitarios (€/ha)

<5 m

30

S<0,10

20.144,10

0,10<S<0,25

18.745,20

0,25=S< 0,5

17.346,30

0,5=S<1

16.506,97

1=S<2,5

15.387,85

S>2,5

13.988,96

35

S<0,10

24.663,14

0,10<S<0,25

22.950,43

0,25=S<0,5

21.237,71

0,5=S<1

20.210,08

1=S<2,5

18.839,90

S>2,5

17.127,19

40

S<0,10

33.145,95

0,10<S<0,25

30.844,15

0,25=S<0,5

28.542,34

0,5=S<1

27.161,26

1=S<2,5

25.319,82

S>2,5

23.018,02

45

S<0,10

37.806,43

0,10<S<0,25

35.180,99

0,25=S<0,5

32.555,54

0,5=S<1

30.980,27

1=S<2,5

28.879,92

S>2,5

26.254,47

<5 m

50

S<0,10

47.961,33

0,10<S<0,25

44.630,68

0,25=S<0,5

41.300,03

0,5=S<1

39.301,65

1=S<2,5

36.637,13

S>2,5

33.306,48

55

S<0,10

53.934,40

0,10<S<0,25

50.188,95

0,25=S<0,5

46.443,51

0,5=S<1

44.196,24

1=S<2,5

41.199,89

S>2,5

37.454,44

60

S<0,10

59.823,89

0,10<S<0,25

55.670,13

0,25=S<0,5

51.515,02

0,5=S<1

49.022,36

1=S<2,5

45.698,81

S>2,5

41.544,37

65

S<0,10

65.485,66

0,10<S<0,25

60.938,72

0,25=S<0,5

56.390,43

0,5=S<1

53.661,86

1=S<2,5

50.023,77

S>2,5

45.476,16

<5 m

70

S<0,10

85.974,93

0,10<S<0,25

80.005,12

0,25=S<0,5

74.033,97

0,5=S<1

70.451,68

1=S<2,5

65.675,30

S>2,5

59.704,81

>5 m

30

S<0,10

26.512,97

0,10<S<0,25

24.672,46

0,25=S<0,5

22.830,61

0,5=S<1

21.725,91

1=S<2,5

20.252,96

S>2,5

18.411,78

35

S<0,10

35.597,88

0,10<S<0,25

33.126,48

0,25=S<0,5

30.653,73

0,5=S<1

29.170,49

1=S<2,5

27.192,83

S>2,5

24.720,75

40

S<0,10

45.985,80

0,10<S<0,25

42.793,01

0,25=S<0,5

39.598,88

0,5=S<1

37.682,81

1=S<2,5

35.128,04

S>2,5

31.934,58

8. Custos unitarios da planta e plantación.

Só se subvencionará esta acción se se emprega material vexetal certificado. Na certificación deberase acreditar o emprego de material vexetal certificado.

Pendente Sixpac do terreo (%)

Custos unitarios (€/planta)

<30

1,597

>30

1,614

9. Custos unitarios da instalación de protectores contra coellos.

Custos unitarios (€/planta)

0,72

10. Custos unitarios da instalación de espaller.

Pendente Sixpac do terreo (%)

Superficie parcela (ha)

Custos unitarios (€/ha)

<10

S<0,10

5.045,11

0,10<S<0,25

4.938,18

0,25=S<0,5

4.831,25

0,5=S<1

4.767,10

1=S<2,5

4.681,55

S>2,5

4.574,63

10-20

S<0,10

5.135,89

0,10<S<0,25

5.025,64

0,25=S<0,5

4.915,38

0,5=S<1

4.849,23

1=S<2,5

4.761,03

S>2,5

4.650,78

21-30

S<0,10

5.284,90

0,10<S<0,25

5.167,28

0,25=S<0,5

5.049,66

0,5=S<1

4.979,09

1=S<2,5

4.884,99

S>2,5

4.767,37

>30

-

5.583,46

11. Custos unitarios da instalación de estacada.

Pendente Sixpac do terreo (%)

Superficie parcela (ha)

Custos unitarios (€/ha)

<10

S<0,10

5.438,07

0,10<S<0,25

5.331,14

0,25=S<0,5

5.224,21

0,5=S<1

5.160,06

1=S<2,5

5.074,51

S>2,5

4.967,59

10-20

S<0,10

5.528,85

0,10<S<0,25

5.418,60

0,25=S<0,5

5.308,34

0,5=S<1

5.242,19

1=S<2,5

5.153,99

S>2,5

5.043,74

21-30

S<0,10

5.677,86

0,10<S<0,25

5.560,24

0,25=S<0,5

5.442,62

0,5=S<1

5.372,05

1=S<2,5

5.277,95

S>2,5

5.160,33

>30

-

5.976,42

12. Custos unitarios da instalación de emparrado.

Pendente Sixpac do terreo (%)

Superficie parcela (ha)

Custos unitarios (€/ha)

<10

S<0,10

22.110,37

0,10<S<0,25

21.865,34

0,25=S<0,5

21.620,32

0,5=S<1

21.473,30

1=S<2,5

21.277,28

S>2,5

21.032,25

10-20

S<0,10

22.670,05

0,10<S<0,25

22.386,16

0,25=S<0,5

22.102,26

0,5=S<1

21.931,93

1=S<2,5

21.704,81

S>2,5

21.420,92

21-30

S<0,10

23.635,95

0,10<S<0,25

23.284,98

0,25=S<0,5

22.934,01

0,5=S<1

22.723,42

1=S<2,5

22.442,65

S>2,5

22.091,68

13. Custos unitarios da elevación individualizada.

A elevación individualizada, tamén chamada sistema de condución de eixo vertical ou vaso en eixo vertical, consiste nunha estaca ou titor vertical, xeralmente de madeira tratada, dunha altura superior a 1,5 metros e diámetro mínimo de 6 cm.

Custos unitarios (€/cepa)

3,7497

14. Custos unitarios do sobreenxertado.

Tipo de cepa

Custos unitarios (€/planta)

Cepas (> 5 anos)

1,682

Cepas novas (< 5 anos)

0,757

15. Custos unitarios do cambio de vaso a espaller ou a outro sistema de condución.

Superficie parcela (ha)

Custos unitarios (€/ha)

S<0,10

563,01

0,10<S<0,25

551,80

0,25=S<0,5

540,59

0,5=S<1

533,86

1=S<2,5

524,89

S>2,5

513,68

ANEXO VII

Variedades de uva de vinificación recomendadas en Galicia

Código

Vinífera, cor*

214

Agudelo, B

106

Albariño, B

555

Branca de Monterrei, B

125

Brancellao, T

147

Branco Lexítimo, B

112

Caíño Branco, B

556

Caíño Bravo, T

557

Caíño Longo, T

213

Caíño Tinto, T

363

Castañal, T

123

Dona Branca, B

118

Espadeiro, Torneiro, T

110

Ferrón, T

109

Godello, B

334

Lado, B

111

Loureira, Loureiro Blanco, Marqués, B

162

Loureiro Tinto, T

53

Mencía, T

302

Merenzao, María Ordoña, T

126

Mouratón, T

128

Pedral, Dozal, T

113

Sousón, T

107

Torrontes, B

105

Treixadura, B

* B: branca, T: tinta

Variedades de portaenxerto

Código

Nome

2

R. de Lot

3

196-17 CL

4

6 736 CL

5

161-49 C

7

3 309 C

8

41B M

9

420A M

10

31 R

11

99 R

12

110 R

13

5 BB T

19

333 EM

20

BCI

21

1616 C

22

13-5 EVEX

23

5A MZ

24

19-62 M

25

1 103 P

26

140 Ru

27

S04

28

101-14M