Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Martes, 12 de febreiro de 2019 Páx. 8847

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 29 de xaneiro de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se aproba a asignación de vogalías para as asociacións e federacións constituídas por estas que formarán parte do Consello Galego das Mulleres.

O 3 de outubro de 2018 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Orde do 19 de setembro de 2018 pola que se convocan as asociacións de mulleres e as federacións constituídas por estas para o procedemento de renovación das vogalías que lles corresponden no Consello Galego das Mulleres (DOG núm. 189, do 3 de outubro).

O 15 de novembro de 2018 publicouse na páxina web da Secretaría Xeral da Igualdade a resolución coa relación provisional de entidades admitidas e excluídas e o 12 de decembro de 2018 publicouse a Resolución do 30 de novembro de 2018, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se aproban as relacións definitivas de entidades admitidas e excluídas para participar no procedemento de renovación das vogalías do Consello Galego das Mulleres (DOG núm. 236, do 12 de decembro) iniciándose o procedemento de votación.

Logo de concluír o prazo establecido para a votación, a Comisión de Seguimento, constituída ao abeiro da citada orde de convocatoria, efectuou o reconto dos votos emitidos. O 14 de xaneiro de 2019 publicouse na páxina web da Secretaría Xeral da Igualdade o resultado provisional da votación, con indicación do número total de votos emitidos e do número de votos obtidos por cada candidatura, así como das vogalías que corresponden a cada entidade.

Unha vez transcorrido o prazo de dez días hábiles para que as entidades interesadas manifesten a súa desconformidade co resultado provisional, e segundo o previsto no artigo 16 da Orde do 19 de setembro de 2018,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar a relación das 15 entidades que obtiveron representación e a asignación de vogalías que lles corresponden no Consello Galego das Mulleres, segundo figura no anexo I desta resolución.

Segundo. Establecer un prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para que as entidades elixidas comuniquen á Secretaría Xeral da Igualdade a persoa ou persoas que representarán a entidade no Consello Galego das Mulleres e tamén a quen, de ser o caso, as poida substituír, empregando o anexo II que se xunta a esta resolución, e que deberán achegar a través da sede electrónica na carpeta do cidadán, na opción habilitada ao respecto dentro do procedemento correspondente (código de procedemento SI450A).

No caso de que algunha entidade non comunique estes datos no prazo e conforme o procedemento establecido decaerá no seu dereito a ser representada no Consello Galego das Mulleres, agás causa de forza maior apreciada pola Secretaría Xeral da Igualdade, que realizará unha nova asignación de vogalías.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Secretaría Xeral da Igualdade no prazo dun mes, ou, alternativamente, recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados estes dous prazos, a partir do día seguinte da publicación desta resolución no DOG, sen prexuízo da posible interposición de calquera outro recurso que se considere oportuno.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2019

Susana López Abella
Secretaria xeral da Igualdade

ANEXO I

Asignación de vogalías

Consello Galego das Mulleres

Nome da entidade

NIF

Categoría

Provincia

Vogalías asignadas

1

Asociación Punto Delas-Secretaría das Mulleres

G70370119

Empresarial e/ou profesional

A Coruña

1

2

Asociación Nacional de Mujeres de la Pesca

G70490115

Empresarial e/ou profesional

A Coruña

1

3

Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia (Acadar)

G70223417

Atención a colectivos con especial dificultade

A Coruña

1

4

Asociación Labregas

G15945686

Xeral

A Coruña

1

5

Asociación para a Promoción e a Integración das Mulleres Galegas do Rural

G15656762

Rural

A Coruña

1

6

Asociación Provincial de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios da Coruña

G15049034

Xeral

A Coruña

1

7

Asociación de Mulleres Rurais Os Hórreos

G70088976

Rural

A Coruña

1

8

Asociación de Mulleres Rurais A Xuntaza de Castro Rei

G27288703

Rural

Lugo

1

9

Asociación de Mulleres Rurais de Carballedo e afíns

G27351139

Rural

Lugo

1

10

Asociación Mulleres en Igualdade de Burela

G27441153

Xeral

Lugo

1

11

Asociación de Mulleres Ledicia

G32361958

Rural

Ourense

1

12

Asociación de Mulleres Rurais Anduriña do Reino

G32248627

Rural

Ourense

1

13

Rede de Mulleres contra os malos tratos de Vigo

G36928646

Atención a colectivos con especial dificultade

Pontevedra

1

14

Asociación de Mulleres Terras de Camba

G36493823

Rural

Pontevedra

1

15

Asociación de Mulleres Rurais e Culturais de Santa Mariña

G36386175

Rural

Pontevedra

1

ANEXO II

DATOS DA ENTIDADE

Nome da entidade

Siglas

NIF

Domicilio social

Provincia

Concello

Localidade

CP

Teléfono

Fax

Correo electrónico

DATOS DA PERSOA QUE POSÚE A REPRESENTACIÓN LEGAL DA ENTIDADE

Apelido 1

Apelido 2

Nome

DNI

Cargo na entidade

Provincia

Concello

De acordo co establecido no artigo 16 da Orde do 19 de setembro de 2018 pola que se convocan as asociacións de mulleres e as federacións constituídas por estas para o procedemento de renovación das vogalías que lles corresponden no Consello Galego das Mulleres.

PERSOAS TITULARES

Nome e apelidos

NIF

1.

2.

PERSOAS SUPLENTES

Nome e apelidos

NIF

1.

2.

Sinatura do/da representante legal da entidade

Sinaturas das persoas representantes e suplentes:

1.

2.

3.

4.

Lugar e data

……………………………………., …… de ………………… de ………..

Secretaría Xeral da Igualdade