Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Martes, 12 de febreiro de 2019 Páx. 8851

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para o fomento e a consolidación do emprego a través do Programa I para as pequenas empresas de nova creación e do Programa II de incentivos ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica, e se realiza a súa convocatoria para o ano 2019.

Advertidos erros na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 18, do venres 25 de xaneiro de 2019, procédese a efectuar as seguintes correccións:

Na páxina 4778, artigo 4.5, onde di: «Se o orzamento asignado non é suficiente para pagar todas as axudas solicitadas, aplicarase como criterio de prioridade a data de presentación. Para estes efectos, terase en conta a data en que a correspondente solicitude se presentou de acordo co previsto nos artigos 27 e 41 desta orde...», debe dicir: «Se o orzamento asignado non é suficiente para pagar todas as axudas solicitadas aplicarase como criterio de prioridade a data de presentación. Para estes efectos, terase en conta a data en que a correspondente solicitude se presentou de acordo co previsto nos artigos 26 e 40 desta orde...».

Na páxina 4792, artigo 24.2, onde di: «Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas promotoras que creen o seu propio posto de traballo estable e polo que se obtivese a subvención establecida no artigo 22 desta orde...», debe dicir: «Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas promotoras que creen o seu propio posto de traballo estable e polo que se obtivese a subvención establecida no artigo 21 desta orde...».

Na páxina 4817, artigo 43.4.A) debe suprimirse o último parágrafo, que di: «– Documentación acreditativa (fotografías ou documentos equivalentes) do cumprimento das obrigas a que se refire o artigo 48.2.a) desta orde».

Na páxina 4821, artigo 46.2, onde di: «As empresas beneficiarias das subvencións previstas nos artigos 38 e 40....», debe dicir: «As empresas beneficiarias das subvencións previstas nos artigos 37 e 39...».