Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Martes, 12 de febreiro de 2019 Páx. 8852

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a promoción e consolidación do emprego autónomo a través do Programa I de axudas á promoción do emprego autónomo, cofinanciado parcialmente con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e o Programa II de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas, e se convocan para o ano 2019.

Advertidos erros na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 18, do venres 25 de xaneiro de 2019, procédese a efectuar as seguintes correccións:

Na páxina 4712, artigo 4.3, onde di: «Se o orzamento asignado non é suficiente para pagar todas as axudas solicitadas aplicarase como criterio de prioridade a data de presentación. Para estes efectos, terase en conta a data en que a correspondente solicitude se presentou de acordo co previsto nos artigos 22 e 38 desta orde...», debe dicir: «Se o orzamento asignado non é suficiente para pagar todas as axudas solicitadas aplicarase como criterio de prioridade a data de presentación. Para estes efectos, terase en conta a data en que a correspondente solicitude se presentou de acordo co previsto nos artigos 21 e 37 desta orde...».

Na páxina 4714, artigo 5.5, onde di: «Comunidade de bens, sociedade civil ou outras entidades xurídicas sen personalidade xurídica de nova creación: aquelas que inicien a actividade empresarial desde o 1 de outubro de 2017,...», debe dicir: «Comunidade de bens, sociedade civil ou outras entidades xurídicas sen personalidade xurídica de nova creación: aquelas que inicien a actividade empresarial desde o 1 de outubro de 2018,...».

Na páxina 4725, artigo 19, onde di: «Co obxecto de axudar as persoas desempregadas ao inicio e ao mantemento do emprego como persoa traballadora autónoma e deste xeito facilitarlles ingresos durante o inicio da súa actividade laboral, establécese para todas aquelas persoas que teñan a condición de beneficiarias de acordo co establecido no artigo 19,...», debe dicir: «Co obxecto de axudar as persoas desempregadas ao inicio e ao mantemento do emprego como persoa traballadora autónoma e deste xeito facilitarlles ingresos durante o inicio da súa actividade laboral, establécese para todas aquelas persoas que teñan a condición de beneficiarias de acordo co establecido no artigo 18...».

Na páxina 4738, artigo 31.7, onde di: «A xustificación por parte das persoas solicitantes de non estar incursas nas prohibicións contidas nos números 5 e 6 anteriores para obter a condición de persoa beneficiaria realizarase mediante declaración responsable, con excepción do recollido no punto 5.e), que se xustificará de conformidade co disposto no artigo 40.1», debe dicir: «A xustificación por parte das persoas solicitantes de non estar incursas nas prohibicións contidas nos números 5 e 6 anteriores para obter a condición de persoa beneficiaria realizarase mediante declaración responsable, con excepción do recollido no punto 5.e), que se xustificará de conformidade co disposto no artigo 39.1».