Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Mércores, 13 de febreiro de 2019 Páx. 9069

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 2019, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no terceiro cuadrimestre do ano 2018.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que cada consellería ou entidade terá que remitir para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, nos meses de xaneiro, maio e setembro de cada ano, unha relación dos convenios subscritos referida ao cuadrimestre anterior para os efectos de cumprir coas obrigacións legais fixadas.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento á dita obriga,

RESOLVO:

Darlle publicidade á relación de convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Política Social durante o terceiro cuadrimestre do ano 2018, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2019

María Francisca Gómez Santos
Secretaria xeral técnica da Consellería de Política Social

ANEXO

Convenios asinados no terceiro cuadrimestre de 2019

Título

Obxecto

Data de sinatura

Importe (€)

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Federación de Asociacións para a Loita contra as Enfermidades de Ril de Galicia para o desenvolvemento dun programa de intervención psicosocioeducativa en menores con enfermidade renal crónica en Galicia (Programa Medro con Alcer).

Establecer a colaboración entre a Consellería de Política Social e a Federación Alcer Galicia no desenvolvemento dun proxecto de intervención psicosocial en menores con enfermidade renal crónica en Galicia (Medro con Alcer) que ten como finalidade por unha banda a intervención psicosocial cos menores con enfermidades renais crónicas (ERC) e as súas familias, tratando de comprender, predicir e cambiar a súa conduta social, axudándolles a adaptarse á enfermidade, así como modificar aqueles aspectos nocivos da súa contorna, coa finalidade de mellorar a súa calidade de vida, así como establecer bases sólidas de coordinación entre todas as partes implicadas dentro do procesos de atención sociosanitaria a menores con ERC.

14.9.2018

21.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e Aldeas Infantís SOS Galicia para a execución do Programa de apoio ao acollemento en familia extensa.

Establecer a colaboración entre a Consellería de Política Social e Aldeas Infantís SOS Galicia para o desenvolvemento na Comunidade Autónoma de Galicia do Programa de apoio ao acollemento en familia extensa posto a dispoñer da Administración mediante o cal se facilita o adecuado desenvolvemento do/da menor acollido/a mediante a formación, orientación, asesoramento e apoio especializado ás familias e/o aos/ás menores.

28.9.2018

192.765,19

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a entidade Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela para o desenvolvemento dun programa de apoio a familias monoparentais.

Establecer a colaboración entre a Consellería de Política Social e Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela para o desenvolvemento dun programa que ten como finalidade a prestación de apoio ás familias formadas por un único proxenitor con fillos e fillas menores ao seu cargo, mediante o establecemento de accións específicas cuxo obxectivo é o de potenciar a autonomía das familias monoparentais, favorecer a incorporación da persoa responsable da familia ao mundo laboral, a súa asistencia a actividades de formación laboral
e/ou formación continua, posibilitar o autoemprego, promover a inserción e permanencia laboral das mulleres soas con responsabilidades familiares e favorecer a súa promoción profesional e previr situacións de risco social e axudar á crianza dos nenos e nenas favorecendo a súa socialización.

28.9.2018

32.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación Secretariado Gitano para o desenvolvemento do Programa Promociona.

Establecer a colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación Secretariado Gitano no desenvolvemento do Programa Promociona destinado ao apoio ás familias con menores en idades escolares para mellorar as condicións do ámbito da educación no propio fogar apoiando aos alumnos e alumnas xitanos/as e ás súas familias co fin de reducir o abandono escolar. O obxectivo deste programa é favorecer a normalización educativa do alumnado xitano e conseguir taxas máis elevadas de éxito académico durante a etapa de escolarización obrigatoria, con especial incidencia no último ciclo de Educación Primaria (5º e 6º curso) e en Educación Secundaria Obrigatoria (1º a 4º curso) e promover a continuidade en estudios medios e/ou superiores e formación profesional para o que se prestará orientación educativa e familiar e sesións de apoio escolar e reforzo aos alumnos.

5.10.2018

120.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación Andrea para o desenvolvemento dun programa denominado Soporte vital ás familias con nenas/nenos con enfermidades de longa duración ou terminais con escasos recursos económicos.

Establecer a colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación Andrea no desenvolvemento do programa Soporte Vital ás familias con nenas/os con enfermidades de longa duración ou terminais con escasos recursos económicos. Este programa ten como finalidade a de dispensar a axuda necesaria para que estas familias poidan facer fronte aos gastos que se produzan polo tratamento médico dos menores tanto no fogar familiar como nos distintos hospitais de España, facilitando que poidan afrontar os gastos de traslado, a asistencia privada a sesións de fisioterapia, a sesións de logopedia, a sesións de musicoterapia, os gastos en equipamentos ortopédicos e os derivados da adecuación das vivendas ou vehículos para nenas e nenos con diversidade funcional.

23.10.2018

10.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Asociación Natural Ardai Terapia, Lecer e Formación, para a execución da medida xudicial de prestacións en beneficio da comunidade e das reparacións indirectas en virtude da Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabildade penal dos menores.

Establecer a colaboración entre a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e a Asociación Natural Ardai Terapia, Lecer e Formación para a execución da medida xudicial de prestacións en beneficio da comunidade imposta polos/as xuíces/xuízas de menores, en virtude do artigo 7.1.k) da Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, así como das actividades en beneficio da comunidade exercitadas na reparación do dano acordadas en virtude do artigo 19 da dita lei na provincia de Ourense.

29.10.2018

Sen custo económico

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social, a Federación Galega de Municipios (Fegamp) e a Fundación UNICEF Comité Español, para a promoción, desenvolvemento e implantación do Programa Cidades amigas da infancia.

Establecer a colaboración entre a Consellería de Política Social, a Fegamp e Fundación UNICEF Comité Español, para promover a aplicación da Convención sobre os dereitos do neno no ámbito municipal da Comunidade de Galicia, coa promoción, desenvolvemento e implantación do programa denominado Cidades Amigas da Infancia do que é promotora a entidade UNICEF.

5.11.2018

Sen custo económico

Convenio de colaboración entre o Consello Xeral do Poder Xudicial, a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Consellería de Política Social e o Ministerio Fiscal para o desenvolvemento dun programa de mediación familiar intraxudicial en Lugo durante o ano 2018.

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre o Consello Xeral do Poder Xudicial, a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Consellería de Política Social e o Ministerio Fiscal, para o desenvolvemento dun programa de mediación familiar intraxudicial gratuíta en Lugo.

29.11.2018

Sen custo económico

Convenio de colaboración entre o Consello Xeral do Poder Xudicial, a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Consellería de Política Social, o Ministerio Fiscal, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e o Colexio Oficial de Avogados da Coruña para o desenvolvemento dun programa de mediación familiar intraxudicial e gratuíta durante o ano 2018 en A Coruña.

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre o Consello Xeral do Poder Xudicial, a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Consellería de Política Social, o Ministerio Fiscal, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e o Colexio de Avogados da Coruña, para o desenvolvemento dun programa de mediación intraxudicial familiar gratuíta na Coruña.

29.11.2018

40.000,00

Convenio de colaboración entre o Consello Xeral do Poder Xudicial, a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Consellería de Política Social, o Ministerio Fiscal, o Colegio Oficial de Psicoloxía de Galicia e o Colexio de Avogados de Ferrol para o desenvolvemento dun programa de mediación familiar intraxudicial e gratuíta durante o ano 2018 en Ferrol.

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre o Consello Xeral do Poder Xudicial, a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Consellería de Política Social, o Ministerio Fiscal, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e o Colexio de Avogados de Ferrol, para o desenvolvemento dun programa de mediación intraxudicial familiar gratuíta en Ferrol.

29.11.2018

40.000,00

Convenio de colaboración entre o Consello Xeral do Poder Xudicial, a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Consellería de Política Social, o Ministerio Fiscal, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e o Colexio Oficial de Avogados de Ourense para o desenvolvemento dun programa de mediación familiar intraxudicial e gratuíta durante o ano 2018 en Ourense.

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre o Consello Xeral do Poder Xudicial, a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Consellería de Política Social, o Ministerio Fiscal, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e o Colexio de Avogados de Ourense, para o desenvolvemento dun programa de mediación intraxudicial familiar gratuíta en Ourense.

29.11.2018

40.000,00

Convenio de colaboración entre o Consello Xeral do Poder Xudicial, a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Consellería de Política Social e o Ministerio Fiscal, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e o Colexio Oficial de Avogados de Santiago de Compostela para o desenvolvemento dun programa de mediación familiar intraxudicial e gratuíta durante o ano 2018 nos partidos xudiciais de Santiago de Compostela, Padrón, Negreira, Ordes e Arzúa.

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre o Consello Xeral do Poder Xudicial, a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Consellería de Política Social, o Ministerio Fiscal, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e o Colexio de Avogados de Santiago de Compostela, para o desenvolvemento dun programa de mediación intraxudicial familiar gratuíta nos partidos xudiciais de Santiago de Compostela, Padrón, Negreira, Ordes e Arzúa.

29.11.2018

40.000,00

Convenio de colaboración entre as consellerías de Política Social e de Educación, Universidade e Formación Profesional, as universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo e a Asociación Abuso e Malos Tratos Infantís en Galicia (Amino.gal), para a formación, difusión e sensibilización no ámbito da violencia sexual infantil.

Establecer a colaboración entre a Consellería de Política Social, a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, a Universidade da Coruña, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo e a Asociación Abuso e Malos Tratos Infantís Galicia. Amino.Gal, para o desenvolvemento na Comunidade Autónoma de Galicia do Programa Poñendo as lentes para a protección da infancia, programa que leva a cabo a Asociación Amino.gal para a difusión da campaña do Consello de Europa para a prevención da violencia sexual contra a infancia Uno de cada cinco en centros de ensino de educación infantil, primaria e educación especial das cidades da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela, Ferrol e Vigo.

30.11.2018

102.607,81

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (Faxpg) para o desenvolvemento dun programa denominado servizo de atención psicolóxica e logopédica para familias e menores xordos implantados ou con prótese auditiva.

Establecer a colaboración entre a Consellería de Política Social e a Faxpg no desenvolvemento dun proxecto de atención psicolóxica e logopédica para familias con menores xordos implantados ou con prótese auditiva. O proxecto ten como principais ámbitos de actuación, a atención logopédica a menores xordos de entre 0 e 6 anos, a orientación sobre as estratexias comunicativas ás súas familias e aos centros educativos (lingua de signos), así como tamén o asesoramento psicolóxico ás familias e/ou contorno de convivencia co fin de fomentar o desenvolvemento normalizado do sistema familiar.

14.12.2018

11.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Instituto Galego do Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividades e Trastornos Asociados (Ingada) para o desenvolvemento dun programa de asesoramento ás familias.

Establecer a colaboración entre a Consellería de Política Social e Ingada no desenvolvemento dun proxecto de asesoramento ás familias de membros con TDAH e trastornos asociados que ten como finalidade que estas poidan desenvolver adecuadamente as súas funcións educativas, socializadoras, e superar situacións de necesidade e risco social para o que se artellarán programas de carácter preventivo que contribúan a modificación de condutas non desexadas e a adquisición de pautas saudables para a dinámica familiar.

14.12.2018

30.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Asociación Arela no desenvolvemento dun programa de captación, valoración, formación e seguimento de persoas ou familias para convivir con adolescentes que teñan que cumprir unha medida de convivencia con persoa ou familia nas provincias da Coruña e Pontevedra.

Establecer a colaboración entre a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e a Asociación Arela para o financiamento dun programa para desenvolver no ano 2019, dirixido á captación, valoración, formación e seguimento de persoas ou familias para convivir con menores que teñan que cumprir unha medida de convivencia con outra persoa, familia ou grupo educativo, posibilitando o mantemento dunha rede que permita en todo momento a execución das medidas deste tipo que diten os xulgados de menores da Coruña e Pontevedra.

21.12.2018

36.199,92

Acordo de prórroga para o ano 2019 do convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación Camiña Social para levar a cabo a atención residencial e a intervención educativa integral con persoas menores que teñan que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores no Centro Concepción Areal.

Dar continuidade á colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación Camiña Social para a atención residencial e a intervención educativa integral con persoas menores que teñen que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, no Centro Concepción Arenal.

26.12.2018

2.336.000,00

Acordo de prórroga para o ano 2019 do convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación Camiña Social para levar a cabo unha intervención educativa integral con persoas menores que teñan que cumprir medidas xudiciais e outras actuacións no medio aberto previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores na provincia da Coruña.

Dar continuidade á colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación Camiña Social para levar a cabo unha intervención educativa integral con menores que teñen que cumprir medidas non privativas de liberdade, denominadas de medio aberto, impostas polos xulgados de menores en virtude do artigo 7 da Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, ou que teñan que realizar tarefas e actividades de reparación extraxudicial previstas no artigo 19 da mencionada lei, no ámbito da provincia da Coruña.

26.12.2018

470.805,72

Acordo polo que se modifica e prorroga o convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación Diagrama Intervención Psicosocial para levar a cabo a atención residencial, a intervención educativa integral e terapéutica con persoas menores que teñan que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores no centro de atención específica Montefiz.

A modificación do parágrafo 1º da cláusula novena do convenio Vixencia e posibles prórrogas e a prórroga por un período adicional de tres meses co fin de dar continuidade ata o 31 de marzo de 2019 á colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación Diagrama para a atención residencial e a intervención educativa integral e terapéutica con persoas menores que teñen que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, no centro Montefiz.

26.12.2018

410.377,50

Acordo de prórroga para o ano 2019 do convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación Diagrama Intervención Psicosocial para levar a cabo a atención residencial e a intervención educativa integral con persoas menores que teñan que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores no centro de reeducación Monteledo.

Dar continuidade desde o 1.1.2019 ao 31.3.2019 á colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación Diagrama para a atención residencial e a intervención educativa integral con persoas menores que teñen que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, no centro Monteledo.

26.12.2018

608.914,28

Acordo polo que se modifica e prorroga o convenio de colaboración entre a Consellería competente en materia de Política Social e a Asociación Dignidade Lugo para levar a cabo unha intervención educativa integral con persoas menores que teñan que cumprir medidas xudiciais e outras actuacións no medio aberto previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores.

A modificación do parágrafo 1º da cláusula oitava do convenio Vixencia e posibles prórrogas e a prórroga por un período adicional de cinco meses co fin de dar continuidade ata o 31 de maio de 2019 á colaboración entre a Consellería de Política Social e a Asociación Dignidade Lugo para a intervención educativa integral con persoas menores que teñan que cumprir medidas xudiciais e outras actuacións no medio aberto previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro na provincia de Lugo.

26.12.2018

109.967,10

Acordo polo que se modifica e prorroga o convenio de colaboración entre a Consellería competente en materia de Política Social e a Asociación Centro Trama para levar a cabo unha intervención educativa integral con persoas menores que teñan que cumprir medidas xudiciais e outras actuacións no medio aberto previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores.

A modificación do parágrafo 1º da cláusula oitava do convenio Vixencia e posibles prórrogas e a prórroga por un período adicional de cinco meses co fin de dar continuidade ata o 31 de maio de 2019 á colaboración entre a Consellería de Política Social e a Asociación Centro Trama, para a intervención educativa integral con persoas menores que teñan que cumprir medidas xudiciais e outras actuacións no medio aberto previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, na provincia de Ourense.

26.12.2018

106.547,61

Acordo polo que se modifica e prorroga o convenio de colaboración entre a Consellería competente en materia de Política Social e a Asociación Arela para levar a cabo unha intervención educativa integral con persoas menores que teñan que cumprir medidas xudiciais e outras actuacións no medio aberto previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores.

A modificación do parágrafo 1º da cláusula oitava do convenio Vixencia e posibles prórrogas e a prórroga por un período adicional de cinco meses co fin de dar continuidade ata o 31 de maio de 2019 á colaboración entre a Consellería de Política Social e a Asociación Arela para a intervención educativa integral con persoas menores que teñan que cumprir medidas xudiciais e outras actuacións no medio aberto previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, na provincia de Pontevedra.

26.12.2018

137.985,86

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, Consellería de Política Social e a Deputación Provincial da Coruña, para a atención de menores no centro residencial Fogar Infantil Emilio Romay na Coruña.

Establecer a colaboración para a atención de menores, tutelados pola Xunta de Galicia ou en situación de garda, a través de medidas de acollemento residencial e atención de día, no centro Fogar Infantil Emilio Romay, establecemento do que é titular a Deputación Provincial da Coruña.

A través deste convenio a dita institución pon á disposición da Consellería de Política Social 27 prazas.

28.12.2018

325.904,85

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, Consellería de Política Social e a Deputación Provincial de Pontevedra, para a atención de menores no centro residencial Cidade Infantil Príncipe Felipe en Pontevedra.

Establecer a colaboración para a atención de menores, tutelados pola Xunta de Galicia ou en situación de garda, no centro Cidade Infantil Príncipe Felipe, establecemento do que é titular a Deputación Provincial de Pontevedra.

A través deste convenio a dita institución pon á disposición da Consellería de Política Social 89 prazas.

28.12.2018

782.303,00

Convenio de colaboración para 2018 entre a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e a Fundación Universidade da Coruña para o desenvolvemento do Programa Avaliación e tratamento terapéutico de menores en situación de risco ou desamparo.

Establecer a colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación Universidade da Coruña para a organización e realización do Programa Avaliación e tratamento terapéutico de menores en situación de risco ou desamparo.

Este programa inclúe o deseño e aplicación do tratamento terapéutico das persoas menores derivadas polos equipos técnicos de Menores da Consellería de Política Social, o seguimento e avaliación científico dos resultados e o asesoramento aos profesionais e coidadores das persoas menores que estean a recibir o tratamento.

28.12.2018

235.019,37

Acordo de prórroga do convenio de colaboración para o ano 2019 entre a Consellería de Política Social e o Colexio Oficial de Odontólogos e Estomatólogos da Coruña (Icoec) para a atención odontolóxica de menores tutelados ou en garda, pola Xunta de Galicia na clínica social de odontoloxía da Coruña.

Dar continuidade para o ano 2019 ao marco de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Colexio de Odontólogos e Estomatólogos da Coruña (Icoec) en virtude do cal os menores en situación de risco, desamparo ou exclusión social que estean baixo a protección da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social da Coruña poidan acceder ao servizo de asistencia odontolóxica e protésica do Icoec na clínica social da Coruña.

Os tratamentos odontolóxicos referidos neste convenio serán os excluídos de Servizo Galego de Saúde.

28.12.2018

Sen custo económico

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e a entidade financeira Abanca Corporación Bancaria, S.A. para a instrumentación da axuda económica ás familias a través da Tarxeta Benvida.

Establecer a colaboración entre as partes asinantes para a instrumentación da axuda económica para as familias que no ano 2019 teñan un fillo ou unha filla, tanto por natureza como por adopción, ou sexan declaradas en situación de garda con fins adoptivos dun neno ou nena.

31.12.2018

Sen custo económico

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Federación Galega de Bancos de Alimentos para o desenvolvemento de actuacións encamiñadas á captación, almacenamento e distribución de alimentos ás institucións asistenciais ou benéficas.

Establecer a colaboración para a realización dunha serie de actuacións encamiñadas á captación, almacenamento e distribución de alimentos ás institucións asistenciais ou benéficas legalmente constituídas con esa finalidade.

10.9.2018

67.980,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Cruz Vermella Española en Galicia para a execución dun programa de acompañamento e apoio a persoas sen teito ou en situación de vulnerabilidade extrema.

Establecer a colaboración para a execución dun programa de acompañamento e apoio a persoas sen teito ou en situación de vulnerabilidade extrema,

a través da intervención coordinada con enfoque integral levada a cabo polos equipos técnicos municipais da entidade con capacidade de actuación en todo o territorio galego.

24.9.2018

169.950,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social, e o Concello de Santiago de Compostela para regular a transmisión da titularidade dunha parcela e a construción nela dun centro residencial de persoas maiores.

Establecer a colaboración para a cesión a favor da consellería dun terreo sito no barrio das Fontiñas, para construción dun centro residencial destinado a persoas maiores en situación de dependencia, no marco do Plan Como na casa.

17.9.2018

Sen custo económico

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Centro Asociado da UNED-A Coruña para o financiamento do Programa UNED Sénior no exercicio 2018.

Establecer a colaboración a través do financiamento para a oferta de estudos destinados a aquel sector da sociedade maior que concluíu a súa vida laboral e demanda un novo tipo de formación actualizada e axeitada ás súas inquedanzas formativas e intereses culturais. O programa desenvólvese vinculado ao ámbito rural galego, para dar cobertura a unha necesidade formativa específica.

19.9.2018

13.860,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a entidade Asociación Síndrome de Down Teima de Ferrol para a execución dun proxecto de realización de actividades de aprendizaxe e integración.

Establecer a colaboración para a realización de prácticas formativas na Consellería de Política Social, nas dependencias sitas na cidade de Ferrol, que pretende dotar aos participantes dos coñecementos, habilidades e actitudes necesarias para facilitar e mellorar a súa futura integración na sociedade e no mercado laboral.

5.10.2018

6.700,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Federación de Asociacións Galegas de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e Outras Demencias (Fagal), para o financiamento dos programas de formación e apoio a persoas coidadoras de persoas en situación de dependencia enfermos de alzhéimer e outras demencias residentes en Galicia.

Establecer a colaboración a través do financiamento dos programas de formación e apoio a persoas coidadoras:

– Cursos de formación para coidadores non profesionais de persoas con dependencia enfermas de alzhéimer e outras demencias.

– Talleres de aplicación dos coidados no domicilio.

– Creación e dinamización de grupos de auto apoio de persoas coidadoras de persoas en situación de dependencia enfermas de alzhéimer e outras demencias.

– Creación de servizos de apoio, sensibilización e formación no área rural de Galicia

– Desenvolvemento de materiais de formación.

5.10.2018

18.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia (Feafes Galicia), para o financiamento dun programa de apoio socio-educativo comunitario e prevención da situación de dependencia no medio rural a persoas con enfermidade mental residentes en Galicia no exercicio 2018.

Establecer a colaboración a través do financiamento dun programa de apoio socio-educativo comunitario e de prevención da situación de dependencia no medio rural a persoas con enfermidade mental:

– Atención de proximidade no ámbito rural.

– Apoio psicosocial no espazo de convivencia (familiar e socio-comunitario).

– Unidades de acompañamento comunitario

– Apoio socio-educativo, coordinación técnica do programa, seguimento, desprazamentos ás zonas e reforzo na difusión do programa.

8.10.2018

100.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a entidade Asociación Síndrome de Down Lugo para a execución dun proxecto de realización de actividades de aprendizaxe e integración.

Establecer a colaboración para a realización de actividades de aprendizaxe e integración social e laboral de dúas persoas con síndrome de Down ou discapacidade intelectual, seleccionadas por Down Lugo, mediante prácticas formativas na Consellería de Política Social, nas dependencias sitas na cidade de Lugo.

11.10.2018

6.700,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Asociación Por eles TEA. Ourense, para o financiamento dun programa de intervención ocupacional e psicoeducativa (infanto-xuvenil) para persoas con trastornos do espectro do autista.

Establecer a colaboración para o financiamento dun programa de intervención ocupacional e psicoeducativo para personas con trastornos do espectro autista (TEA):

– Promover o desenvolvemento integral das persoas con TEA.

– Potenciar ao máximo as capacidades persoais e de participación socio comunitaria das persoas con TEA.

– Potenciar aprendizaxes para organizar/percibir e interpretar os seus estímulos de maneira axeitada.

– Levar a cabo plans individualizados de intervención psicoeducativa coas persoas con TEA que lle permitan a adquisición de aprendizaxes específicos relacionados coas áreas nucleares do espectro do autismo.

– Coordinar os servizos sanitarios e educativos cara a unha intervención conxunta.

– Atender as necesidades formativas e de asesoramento das familias.

– Poder obter un diagnóstico o máis preciso posible.

16.10.2018

15.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación Paideia Galiza para a organización e posta en marcha dun máster de desenvolvemento infantil e atención temperá.

Establecer a colaboración para a organización e posta en marcha dun máster de desenvolvemento infantil e de atención temperá cos seguintes módulos:

– O desenvolvemento da nena e o neno como suxeito.

– A familia como contexto do desenvolvemento infantil.

– A comunidade e o sistema de protección á infancia.

– O proceso de actuación en atención temperá.

– Atención temperá e condicións evolutivas.

– Técnicas e recursos no exercicio da atención temperá.

– Prácticas en centro.

– Traballo de fin de mestrado.

5.11.2018

18.270,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami) para o financiamento dun proxecto de prevención da dependencia e promoción a autonomía persoal no medio rural.

Establecer a colaboración para o financiamento dun proxecto de prevención da dependencia e promoción da autonomía persoal no medio rural coas seguintes actuacións:

– Habilitación psicosocial.

– Asistencia persoal (asesoramento e autoxestión).

– Habilitación funcional.

– Actividades para a vida autónoma no fogar.

– Actividades de capacitación en competencias transversais.

– Análise de necesidades de adaptación no actual fogar da persoa e apoio na execución das adaptacións.

– Apoio na xestión de recursos segundo a necesidade da persoa.

– Información e asesoramento en materia de accesibilidade arquitectónica e urbanística.

– Elaboración de proxectos de mellora da accesibilidade.

– Seguimento de proxectos e plans de accesibilidade.

– Participación na elaboración de normativas e documentos lexislativos nestes temas.

– Elaboración e desenvolvemento de ferramentas de traballo, como publicacións e estudos.

– Información e asesoramento técnico sobre utilización, posibilidades e adecuación á persoa usuaria dos distintos tipos de produtos de apoio.

9.11.2018

140.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Concello de Meaño, de cara a instrumentar a colaboración para a realización de actividades de atención a persoas en situación de dependencia, de prevención da situación da dependencia e do agravamento desta, así como da promoción da autonomía persoal.

Establecer a colaboración para o financiamento para a realización de actividades destinadas á atención a persoas en situación de dependencia de prevención desta e do seu agravamento, así como da promoción da autonomía persoal.

11.11.2018

20.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Unión de Asociacións Provinciais UDP de Lugo para financiar o mantemento da entidade e a realización de actividades durante o ano 2018.

Establecer a colaboración para o financiamento do mantemento da entidade e promoción de actividades culturais, recreativas e a celebración do Día do Xubilado.

20.11.2018

6.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Federación Galega de Institucións para a Síndrome de Down (Down Galicia) para a execución do proxecto intervención no proceso de envellecemento das persoas con síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais en situación de dependencia residentes en Galicia.

Establecer a colaboración para o financiamento do proxecto de intervención no proceso de envellecemento das persoas con síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais en situación de dependencia residentes en Galicia:

– Valoración inicial.

– Plan individual de intervención coas persoas usuarias.

– Avaliación e seguimento do envellecemento das persoas usuarias.

– Atención e apoio psicosocial a familias.

– Coordinación con recursos sociosanitarios do entorno comunitario.

26.11.2018

100.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e Outras Demencias de Lugo (Afalu), para o financiamento do proxecto de atención integral especializada a persoas con demencias neurodexenerativas en situación de dependencia.

Establecer a colaboración a través do financiamento do proxecto de atención integral especializada a persoas con demencias neurodexenerativas en situación de dependencia:

– Campañas de divulgación do proxecto de estimulación cognitiva para enfermos de Alzhéimer e outras demencias.

– Aplicación de técnicas de estimulación cognitiva adaptadas á variabilidade individual.

– Atención psicolóxica para as familias.

– Atención terapéutica e estimulación no fogar.

– Servizo de información sobre a enfermidade tanto para os coidadores como ás familias.

– Asesoramento en axudas técnicas: aparellos ou dispositivos deseñados para suplir ou complementar limitacións funcionais, psicolóxicas e intelectuais.

27.11.2018

100.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (Faxpg), para o financiamento da realización dun programa de prevención da dependencia e promoción da autonomía persoal das persoas xordas e xordocegas na Comunidade Autónoma de Galicia.

Establecer a colaboración a través do financiamento do programa de prevención da dependencia e promoción da autonomía persoal das persoas xordas e xordocegas:

– Intervención individual e familiar. Mediación e acompañamento para a vida familiar.

– Interpretación de lingua de signos española e Guía de interpretación de persoas xordocegas.

– Difusión e sensibilización social sobre as persoas xordas e xordocegas, as súas características e necesidades específicas.

29.11.2018

100.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Universidade de Santiago de Compostela, Universidade da Coruña e Universidade de Vigo para o financiamento do proxecto de democratización do coñecemento no exercicio 2018.

Establecer a colaboración a través do financiamento do proxecto de democratización do coñecemento, coa impartición de varias sesións de docencia, unhas teóricas, de conferencia/seminarios e outras prácticas (visita guiada, obradoiro...), dentro dos seguintes cursos formativos:

– Camiños de coñecemento e experiencia, pola Universidade de Santiago de Compostela, dentro do Programa universitario de maiores IV ciclo.

– Compartir experiencias e coñecemento, pola Universidade da Coruña, dentro do Programa Universidade Senior.

– Mareas de coñecemento e experiencia, pola Universidade de Vigo, dentro do Programa para maiores.

30.11.2018

15.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación Española de Axuda á Investigación en Párkinson, para o financiamento dos proxectos de información, divulgación e sensibilización social e captación de fondos para o desenvolvemento do labor investigador e do seu mantemento para o exercicio 2018.

Establecer a colaboración a través do financiamento dos proxectos de información e divulgación do labor investigador da entidade e do mantemento no ano 2018.

4.12.2018

30.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami), para o desenvolvemento dun proxecto innovador para a promoción da autonomía persoal mediante un plan integral de actuacións sobre a persoa con discapacidade en situación de dependencia desde a idade temperá.

Establecer a colaboración a través do financiamento no desenvolvemento dun proxecto innovador consistente nun plan integral de actuacións para a promoción da autonomía persoal das persoas con discapacidade en situación de dependencia desde a idade temperá e cuxos resultados, unha vez validados, poderán servir de referencia para o desenvolvemento da carteira de servizos comúns de prevención das situacións de dependencia e promoción da autonomía persoal para o colectivo de persoas con discapacidade.

4.12.2018

2.683.170,28

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Deputación Provincial de Ourense relativo a utilización de determinadas instalacións e servizos da Residencia Xuvenil Florentino López Cuevillas e para a promoción da práctica de actividades deportivas entre a xuventude.

Establecer a colaboración a través da cesión do uso dos espazos da Residencia Xuvenil Florentino López Cuevillas, e a promoción da práctica de actividades deportivas entre a mocidade, co acollemento de cinco mozos/as deportistas seleccionados pola Deputación Provincial de Ourense.

8.10.2018

Sen custo económico

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Asociación de Persoas con Discapacidade de Ourense relativo á realización de prácticas formativas non laborais na Residencia Xuvenil Florentino López Cuevillas durante o ano 2019.

Establecer a colaboración para a realización de prácticas formativas non laborais de persoas mozas con discapacidade intelectual superior ao 33 % na Residencia Florentino López Cuevillas.

5.11.2018

Sen custo económico