Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Mércores, 13 de febreiro de 2019 Páx. 9197

IV. Oposicións e concursos

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 2019 do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo unitario para o ingreso nos corpos de policía local, categoría de policía, quenda libre, convocado mediante a Orde do 4 de xullo de 2018 pola que se fan públicos a data, a hora e os lugares de realización do quinto exercicio.

En sesión que tivo lugar o día 30 de xaneiro de 2019, o tribunal nomeado mediante a Orde do 3 de outubro de 2018 (DOG núm. 195, do 11 de outubro) para cualificar o proceso selectivo unitario para o ingreso nos corpos de policía local, categoría de policía, quenda libre, cuxo obxecto é a cobertura de trinta e oito (38) prazas de policía local nos concellos que se enumeraban na citada orde, acordou o seguinte:

1. O quinto exercicio, consistente no recoñecemento médico, realizarase nas instalación de Cualtis, S.L.U./Mugatra, sitas na Vía Pasteur, 45, polígono do Tambre, 15890 Santiago de Compostela (A Coruña). Levarase a cabo os días 20, 21 e 22 de febreiro, nas datas e horas concretas para cada aspirante que se publicarán na páxina web da Agasp.

2. Á realización desta proba quedan convocadas as persoas aspirantes que mediante a Resolución do 31 de xaneiro de 2019 deste tribunal foron declaradas aptas no cuarto exercicio.

3. As persoas aspirantes que teñen que realizar a dita proba deberán ir provistas de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa entidade, ao xuízo do tribunal.

A Estrada, 4 de febreiro de 2019

Luis Míguez Macho
Presidente do tribunal