Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Mércores, 13 de febreiro de 2019 Páx. 9198

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (F02 397/2017-A).

Eu, Sarai Paniagua Acera, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo, fago saber que no presente procedemento F02 familia, garda, custodia e alimentos de fillo non matrimonial 397/2017, seguido por instancia de Lina Marcela Hurtado López fronte a Andrés Maxiel Amaya Mendieta, se ditou sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza nº 412.

Vigo, 5 de decembro de 2018.

Vistos por min, María Dolores Rodríguez Leirós, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo, os presentes autos de xuízo verbal especial sobre alimentos e garda e custodia seguidos neste xulgado co número 397/2017, por instancia da procuradora Araceli Muíño Aragón, que actúa en nome e representación de Lina Marcela Hurtado López, coa asistencia letrada de María José Díaz Alonso, fronte a Andrés Maxiel Amaya Mendieta, en rebeldía procesual, e coa intervención del Ministerio Fiscal, en virtude das facultades que me confire a Constitución española e en nome do rei, dito a seguinte sentenza.

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Resolvo.

Que estimando a demanda interposta no presente procedemento de garda, custodia e alimentos, iniciado por instancia da procuradora Araceli Muíño Aragón, en nome e representación de Lina Marcela Hurtado López contra Andrés Maxiel Amaya Mendieta, en rebeldía procesual, debo acordar e acordo as seguintes medidas:

1. Atribuír en exclusiva o exercicio da patria potestade e a garda e custodia da filla común da parella, Paris Amaya Hurtado, á nai Lina Marcela Hurtado López.

2. Non se establece un réxime mínimo de visitas a favor do pai, que será o que, de ser o caso, libremente pacten o pai e a filla.

3. Establécese a obriga de Andrés Maxiel Amaya Mendieta de aboar, en concepto de alimentos a favor da súa filla, Paris Amaya Hurtado, a cantidade de douscentos euros mensuais (200 euros), que deberán ser ingresados dentro dos cinco primeiros días de cada mes na conta que para o efecto designe a nai e que serán anualmente actualizables no mes de xaneiro en función das variacións que experimente o IPC ou o índice que o substitúa. Así mesmo, o pai deberá aboar a metade dos gastos extraordinarios, logo da súa comunicación e xustificación.

4. Non se aprecian méritos bastantes para efectuar unha especial imposición en custas procesuais.

Notifíquese esta sentenza ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de apelación no prazo de vinte días contado desde o seguinte ao da súa notificación.

Así o acorda, manda e asina María Dolores Rodríguez Leirós, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo e o seu partido».

E ao estar o demandado Andrés Maxiel Amaya Mendieta, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que sirva de notificación en forma.

Vigo, 22 de xaneiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza